Sintomatoloxía
A Hemofilia, en xeral, xa sexa do tipo A ou do tipo B, caracterízase polas manifestacións hemorráxicas ou ben por un sangrado excesivo cando se produce algún tipo de traumatismo. Así, débense distinguir as hemorraxias articulares, as musculares ou doutra índole que, en ocasións, poden ser graves.
Para entender mellor o que significan e a trascendencia que presentan as hemorraxias nas articulacións dun paciente con hemofilia, débense entender algúns conceptos básicos sobre esta localización anatómica. Os ósos atópanse parcialmente unidos por una cápsula articular que presenta a súa vez un revestimento que se chama membrana sinovial, con moitos capilares (pequenos vasos sanguíneos). Produce un fluido aceitoso que axuda á articulación a moverse con facilidade e que evita o roce entre os ósos que a forman. Trátase pois dun lubricante como o que precisan as bielas dun motor. Se os capilares da membrana sinovial se lesionan sangrarán pero, outras veces, de forma espontánea e natural sen ninguna lesión, tamén poden sangrar debido ó rozamento propio e natural da articulación. Nunha persoa que non ten Hemofilia, o mecanismo da coagulación deten a hemorraxia rápidamente pero en persoas con Hemofilia a hemorragia continúa. Isto ocasiona que a articulación se inflame y apareza a dor característica. Os comezos dunha hemorraxia articular, tamén chamada hemartro, caracterízanse por un formigueo e unha sensación de calor na articulación. Ó irse enchendo a cápsula de sangue, a articulación inflámase todavía máis e a dor é maior ata que se perde case a totalidade da movilidade. Sen un tratamento adecuado e tras repetidas hemorraxias nunha mesma articulación a membrana sinovial sangrará máis fácilmente cada vez e os restos de sangue que se van depositando na articulación van danando os texidos, deixase de producir o líquido sinovial e o roce dos osos ocasiona o deterioro parcial ou total da articulación. Esta situación que puede chegar a unha discapacidade de maior ou menor grado de severidade que se coñece como artrose ou artropatía hemofílica, que pode chegar a ser discapacitante. A articulación tórnase ríxida, doorosa ó movela e inestable. Vólvese todavía máis inestable a medida cos músculos ca rodean debilítanse. Estas hemorraxias prodúcense, fundamentalmente, no xeonllo nun 44%, no cóbado nun 25%, no nocello 15%, no ombreiro nun 8%, na cadeira nun 5% e noutras localizacións no 3% dos casos.
Hoxe en día o paciente con Hemofilia ,con un adecuado tratamento e acceso sanitario, ten a unha esperanza de vida semellante a da poboación en xeral; o problema clínico sanitario é a artropatía hemofílica.
Pola súa parte as hemorraxias musculares ocurren cando os capilares dos músculos se lesionan. Algunhas veces, a causa é coñecida, pero noutras ocasión socorren sen motivo aparente. Nunha hemorraxia muscular o músculo tórnase ríxido e dorido. Prodúcese inflamación, calor e dor ó tacto, aparecendo moretóns se e moi superficial e se polo contrario é moi profunda podría producirse presión sobre os nervios ou arterias causando formigueo e adormecemento. O resultado final soe ser un espasmo muscular que consiste en que o músculo para protexerse a si mesmo contráese e as articulacións que se moven grazas a ese músculo vense afectadas. As hemorraxias musculares soen acontecer nos papos da perna, muslos e a parte superior dos brazos.
Se a hemorraxia acontecese no músculo psoas (na parte frontal da cadeira) o nos músculos do antebrazo, que ás veces tamén son frecuentes, pódense ver afectados nervios e arterias o que podría ocasionar danos permanentes e irreversibles.
Outras hemorraxias graves son as da cabeza (polo xeral resultado dunha lesión) e poden representar causa de morte. Estas hemorraxias poden ocasionar dor, náuseas, vómitos, somnolencia, confusión, torpeza, debilidade, convulsións e perda da conciencia. As hemorraxias na garganta poden ser o resultado dalgunhas infeccións, lesións, inyeccións dentais ou cirurxía, e poden ocasionar inflamación, así como dificultade para tragar e respirar. Outras hemorraxias, aunque xeralmente non poñen en peligo a vida do paciente, si poderían resultar moi serias como, por exemplo, as hemorraxias en ollos, espina dorsal ou no músculo psoas. A hematuria ou o sangue nos ouriños é común na Hemofilia severa, aínda que poucas veces é perigosa.