Agadhemo pon á túa disposición unha serie de servizos que te axudarán na túa vida diaria.

Desde AGADHEMO achegamos a realidade da hemofilia e outras coagulopatías aos centros educativos de Galicia. Somos a única entidade autonómica que colabora co sistema educativo para ofrecer formación presencial e adaptada tanto a profesorado como a alumnado. Esta acción, avalada por un convenio coa Consellería de Educación, busca resolver dúbidas e fomentar un ambiente escolar inclusivo e seguro. Ademais, elaboramos un caderno formativo en galego, unha ferramenta práctica e innovadora que contribúe á normalización da lingua e á difusión de información rigorosa no ámbito educativo e sanitario.
Máis información: 671 660 803 o info@hemofiliagalicia.com

HemoSaúde é un programa de atención online dirixido a persoas con coagulopatías que desexen mellorar os seus hábitos de vida a través do deporte e da alimentación saudable. O equipo técnico, formado por profesionais da nutrición e do adestramento persoal, elabora plans individualizados adaptados ás necesidades de cada participante. A metodoloxía é multidisciplinar e centrada na persoa, promovendo o benestar integral e a prevención como eixo principal do programa.
Máis información: 671 660 803 ou info@hemofiliagalicia.com

Grazas ao convenio con COGAMI, as persoas socias de AGADHEMO poden acceder a sesións de fisioterapia nas súas instalacións en Vigo, así como a través da colaboración coa asociación Voluntad del Bajo Miño. As profesionais que prestan este servizo contan con formación específica en hemofilia e coagulopatías, garantindo unha atención especializada orientada á prevención e mellora da saúde articular e funcional das persoas usuarias.
Máis información: 671 660 803 ou info@hemofiliagalicia.com

AGADHEMO ofrece de forma gratuíta un servizo de apoio psicolóxico para persoas socias e as súas familias. Contamos con atención para persoas adultas e para infancia, a cargo dunha psicóloga especializada en enfermidades crónicas. Este servizo contribúe ao benestar emocional, abordando tanto os efectos da enfermidade como outras dificultades persoais e familiares, favorecendo a adaptación, a convivencia e a calidade de vida.
Máis información: 671 660 803 ou info@hemofiliagalicia.com

O SAIP é un servizo activo desde 2001 que ofrece asesoramento psicosocial, información e acompañamento a persoas con coagulopatías e ás súas familias. A atención pode ser individual ou grupal, baseada na entrevista e o contacto directo. Inclúe orientación sobre certificados de discapacidade, pensións, lei de dependencia, reclamacións, consentimentos informados e grupos de apoio mutuo. Ademais, desenvolvemos campañas de sensibilización e difusión para visibilizar estas enfermidades e promover condutas preventivas.
Máis información: 671 660 803 ou info@hemofiliagalicia.com

O Piso Fogar é un recurso de acollida temporal para persoas socias e familias que precisan permanecer en A Coruña durante procesos hospitalarios no CHUAC, como intervencións, transplantes ou tratamentos prolongados. Este servizo é posible grazas aos convenios de colaboración con entidades como Fibrose Quística de Galicia, OSILICE e a Federación Alcer Galicia, facilitando así un espazo cómodo, solidario e accesible para quen o necesita.
Máis información: 671 660 803 ou info@hemofiliagalicia.com

Atendhemos é un servizo de atención a persoas con coagulopatías na provincia de Lugo, especialmente nas zonas rurais. Creado en 2012, ofrece acompañamento próximo e asesoramento personalizado, tanto individual como en pequenos grupos. Este modelo de traballo fomenta a participación, a socialización e o apoio mutuo, contribuíndo a reducir o illamento e a mellorar a calidade de vida das persoas participantes.
Máis información: 671 660 803 ou info@hemofiliagalicia.com

Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo
©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade
Isto foi obra de Sr. Concejo