Publicación: 7 de Marzo de 2023

Hemosaúde 10 de marzo

Desde Agadhemo queremos animarvos a todos e todas a participar nunha nova iniciativa da Liña de Hemosalud coa I Xornada de Hábitos de vida saudables.

Temos a sorte de contar con Vicente de Becerra, ponente desta primeira xornada de Hemosalud e Profesor de educación física, Adestrador persoal, Farmaceútico, Químico e Mestre en coaching.

A nosa intención é abordar diferentes temáticas de interese sobre aspectos deportivos, nutricionais, psicolóxicos, sociais e físicos relacionados coa Hemofilia coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas a través da actividade física e unha alimentación saudable.

A idea é chegar a todo o colectivo de persoas socias de Agadhemo, polo que respondendo as vosas demandas, organizaranse máis datas por outras zonas do territorio galego.

Para facilitar a organización e xestión dos espazos, agradécese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar! Inscricións ao correo a info@hemofiliagalicia.com ou chamar ao teléfono 986281960 (horario de mañá).


671 660 803

Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo

 

©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade

Isto foi obra de Sr. Concejo

crossmenu