A terceira edición da Guía para o manexo da hemofilia da Federación Mundial de Hemofilia ( FMH) xa está dispoñible en español. A guía ofrece información actualizada e recomendacións prácticas sobre o diagnóstico e o tratamento da hemofilia, incluso o manexo de complicacións musculoesqueléticas e inhibidores, actualizacións sobre diagnóstico de laboratorio e valoracións xenéticas, así como novas recomendacións sobre valoración de resultados. Aínda que a publicación está dirixida principalmente a profesionais da saúde, estas guías tamén poden ser moi útiles para pacientes e organizacións sociais que apoian a pacientes con hemofilia.
Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo
©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade
Isto foi obra de Sr. Concejo