Para conmemorar o día mundial da hemofilia as entidades do movemento asociativo de hemofilia e outras coagulopatías conxénitas facemos unha campaña de difusión a nivel mundial.
Iluminaranse de vermello edificacións e monumentos por todo o mundo que contribuirá a chamar a atención cara ás persoas afectadas por trastornos da coagulación hereditarios.
O lema do Día mundial da hemofilia deste ano é "Acceso para todos: Alianzas. A prevención de hemorraxias como norma de atención a nivel mundial". Ao crear conciencia sobre a hemofilia e outros trastornos da coagulación hereditarios e chamar a atención dos lexisladores cara a eles podemos incrementar o acceso sustentable e equitativo á atención e o tratamento.
Iluminarse de vermello é unha campaña auspiciada pola Federación Mundial de Hemofilia ( FMH) e a Federación Española de Hemofilia FEDHEMO.
En Galicia ilumináranse de vermello monumentos e edificios nas principais cidades galegas, estade atentos e atentas as nosas redes sociais.
Nesta campaña de difusión tamén lanzamos un reto por redes sociais animando a todas aquelas persoas que nos queiran apoiar a que tiren fotos e as suban nas súas redes sociais etiquetándonos. Como?
1- Colle unha prenda ou complemento de cor vermella
2- Tira unha foto ou vídeo 3- Súbeo nas túas redes co #RetoPrendaRoja e etiquétanos @Agadhemo
Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo
©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade
Isto foi obra de Sr. Concejo