CONVIVENCIAS FAMILIARES 30/01/02 de Xullo

Anotade a data!

Abrimos o plazo para a inscrición das Xornadas de Convivencias Familiares 2023. Como sabedes, é una actividade dirixidas para familias socias con rapazada de 0-12 anos, un fin de semana que ten como obxectivo xerar un espazo onde compartir experiencias e crear lazos.

Este ano realizaranse fin de semana de 30/ 1 /2 de xullo, no Hotel Cemar (Mondariz Balneario, Pontevedra). Un complexo hoteleiro natural que ofrece diversidade de actividades para toda a familia: Piscina, hípica, parque multiaventura, pistas multiusos, etc.

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Prazo de inscrición ata o 13 de xuño. Inscricións e máis información:
📞 986281960 (Horario de mañá)
📩 Info@hemofiliagalicia.com

FORMACIÓN NOVO BAREMO 23 de Maio

Tras a entrada en vigor do Novo Baremo de Valoración da Discapacidade desde Agadhemo ofrecemos unha formación online para abordar de forma práctica o novo enfoque que establece a Lei, coñecer as diferenzas máis significativas que establece o novo baremo e os aspectos importantes a ter en conta durante a tramitación.

Día: martes 23 de maio
Hora: 18:30
Formación online: Zoom (en ligazón enviarase un día antes da formación por correo electrónico)

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Inscricións ao correo a info@hemofiliagalicia.com ou chamar ao teléfono 986281960 (horario de mañá).