AGADHEMO celebra a administración do primeiro tratamento con terapia xénica para a hemofilia B grave en Galiciaxuño 19 2025


Esta nova terapia supón un avance histórico que permite ao organismo producir o seu propio factor de coagulación, reducindo os sangrados e mellorando significativamente a calidade de vida das persoas afectadas.

Vigo, 19 de xuño de 2025. A Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO), en colaboración coa Federación Española de Hemofilia (FEDHEMO1), celebra un fito histórico no ámbito da saúde en Galicia: a administración, por primeira vez en España, dun tratamento de terapia xénica a un paciente con hemofilia B grave no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Este tratamento innovador consiste nunha única infusión (“one shot”) que introduce unha copia funcional do xene responsable da produción do factor IX, deficiente nas persoas con hemofilia B. A terapia permite que o propio fígado do paciente comece a producir este factor de forma sostida, sen necesidade de infusións periódicas, o que marca unha nova era na abordaxe desta enfermidade 3.

"Dende AGADHEMO celebramos con gran satisfacción que Galicia sexa pioneira na administración desta terapia xénica, que marca un antes e un despois na vida das persoas con hemofilia B. É unha esperanza real para os pacientes, que agora poden aspirar a unha mellora significativa na súa calidade de vida sen a carga dos tratamentos continuos" Destacou Laura Quintas, vicepresidenta da entidade.

"Celebramos que o Sergas aposte pola innovación e confiamos en que este sexa o inicio dun compromiso máis amplo coas enfermidades raras e cos tratamentos avanzados que verdadeiramente transforman vidas", engadiu.

Un avance médico para unha enfermidade rara

A hemofilia B é un trastorno conxénito e minoritario da coagulación, causado por unha alteración xenética que impide ao organismo producir adecuadamente o factor IX. A súa prevalencia é de 1 caso por cada 50.000 nacementos varóns, cunha estimación de 319 persoas afectadas en España 2 e 51 en Galicia.

As persoas con hemofilia B grave sofren hemorraxias internas frecuentes, especialmente nas articulacións, o que pode provocar dor crónica, limitacións funcionais e deterioro progresivo da mobilidade. Estas complicacións físicas afectan tamén o benestar emocional, xerando unha elevada carga psicolóxica asociada ao medo ao sangrado, á dor recorrente e á dependencia de tratamentos intravenosos frecuentes.

Beneficios clínicos, funcionais e emocionais

A terapia xénica supón unha solución a longo prazo. Ao favorecer a produción autónoma do factor IX, reduce significativamente a frecuencia dos sangrados, mellora a funcionalidade articular e diminúe a dor crónica. Ademais, permite unha vida máis activa e con menos restricións, reducindo a dependencia hospitalaria e mellorando a autonomía persoal.

O Dr. Manuel Rodríguez López, hematólogo do Hospital Álvaro Cunqueiro, destacou o importante que é para a comunidade de persoas con hemofilia, neste caso B, a posibilidade de acceder a estas terapias tan novidosas e prometedoras, esperando que se garanta a equidade no acceso en todo o territorio e quixo destacar tamén o papel chave xogado tanto pela Xefa do Servicio de Hematoloxía do HAC, a Dra. Carmen Albo López como da xefa da Farmacia, a Dra. Noemí López de Castro e a Dra. Isabel Garcia Serranillos e o xerente, o Dr. Puente. Sen todos eles, sen a súa sensibilidade e implicación tería sido imposible acadar este feito histórico.

Galicia, referente na incorporación de terapias avanzadas

Con esta primeira administración, Galicia sitúase á vangarda no uso de terapias avanzadas para enfermidades raras. Esta intervención marca un punto de inflexión na atención sanitaria ás persoas con hemofilia B e exemplifica o compromiso do sistema público coa innovación biomédica.

Desde AGADHEMO, reiteramos a nosa disposición para seguir colaborando coas institucións sanitarias e cos profesionais clínicos para garantir o acceso equitativo a tratamentos que melloren a vida das persoas con coagulopatías conxénitas.

AGADHEMO

AGADHEMO, constitúese como entidade autonómica no 1988 co fin de representar e defender os dereitos das persoas con esta e outras Coagulopatías Conxénitas en Galicia .Forma parte da Federación Española de Hemofilia e da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI). É unha entidade declarada de Utilidade Pública desde o ano 2010.

En Galicia, máis de 500 persoas viven con hemofilia A e B ou outras coagulopatías conxénitas. Estas enfermidades precisan dun tratamento continuo que permita previr e controlar os episodios de sangrado, polo que o acompañamento médico, familiar e asociativo resulta clave.

Contacto:

Laura Quintas : xestion@hemofiliagalicia.com

📞 Teléfono: 661 558 420

🌐 Web: www.hemofiliagalicia.com

Referencias

Ministerio de Sanidad. (2024, marzo). Informe público de evaluación de HEMGENIX®® (etranacogén dezaparvovec). https://www.sanidad.gob.es/areas/farmacia/precios/comisionInteministerial/informesPublicos/docs/InformePublicoHEMGENIX®.pdf

Nota de prensa Fedhemo-RFVE. https://fedhemo.com/fedhemo-y-la-rfve-celebran-el-primer-paciente-tratado-con-terapia-genica-para-la-hemofilia-b-grave-en-galicia/

Federación Española de personas con Hemofilia (Fedhemo). (2024, 27 de septiembre). El Ministerio de Sanidad aprueba la financiación de la primera terapia génica en hemofilia B en España. https://fedhemo.com/hoy-se-ha-aprobado-la-primera-terapia-genica-para-personas-con-hemofilia-b-en-espana/

CONVIVENCIAS FAMILAIRES 20 ao 22 de Xuño

Anotade a data!

Abrimos o plazo para a inscrición das Xornadas de Convivencias Familiares 2025. Como sabedes, é una actividade dirixida para familias socias con rapazada de 5-12 anos, un fin de semana que ten como obxectivo xerar un espazo onde compartir experiencias e crear lazos.

Este ano realizaranse fin de semana do 20 ao 22de Xuño, no Hotel Cemar (Mondariz Balneario, Pontevedra). Un complexo hoteleiro natural que ofrece diversidade de actividades para toda a familia: Piscina, hípica, parque multiaventura, pistas multiusos, etc.

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Prazo de inscrición ata o 7 de xuño. Inscricións e máis información:
📞 986281960 (Horario de mañá)
📩 Info@hemofiliagalicia.com

ESCOLA VIGO 5 Abril

Agadhemo organiza unha nova edición da HEMOESCOLA (taller de autotratamento) o sábado día 5 de Abril en Mos, Pontevedra.

Terá lugar nas instalacións de COGAMI- MOS: Avd. do rebullón, s/n, Puxeiros 36416 Mos, Pontevedra.

No horario de 11:00 - 13:30 da maña.

Para facilitar a organización e xestión dos espazos, agradecese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite es o xoves 3 de Abril

Esperamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Inscrición ó correo info@hemofiliagalicia.com ou chamar ó teléfono 671660704 (horario de maña)

IGUALHEMOS CORUÑA

✨ O proxecto IGUALHEMOS de apoio psicolóxico para mulleres con coagulopatías conxénitas da área sanitaria de A Coruña.


💬 Co apoio e colaboración do Concello de A Coruña, fomentamos o benestar emocional e o sentimento de pertenza.


Xuntas fortalecémonos! #SaludMental #Coagulopatías #ACoruña

Para consultar o programa definitivo e máis información podes contactar connosco:

📞 671 660 704   (Horario de mañá)

📩 Info@hemofiliagalicia.com

HEMOXORNADAS -  A Coruña 13 de Novembro

Xornadas formativas en coagulopatías.

Desde Agadhemo convocamos una nova xornada do proxecto " HemoXornadas Xornadas Formativas para persoas con hemofilia ou outra coagulopatías conxénitas" co obxectivo de formar e informar sobre tratamentos, coidados e a atención especializada.

Estas sesións formativas realizaranse A Coruña de maneira presencial.

Será na Coruña o 13 de Novembro no Hospital Universitario da Coruña, Aula 1 as 16:30 horas.

Estarán dirixidas polo Servizo de Hematoloxía.

Desde Agadhemo cremos que estes servizos complementarios poden enriquecer o trato directo e bidireccional en todos os sentidos entre os profesionais do sistema público de saúde e as persoas asociadas.

Animámosvos a todas as persoas socias, e aquelas que teñan interese sobre hemofilia e coagulopatías, a participar nestas xornadas. Estas xornadas son gratuítas e requiren inscrición previa dado que hai prazas limitadas.

Para consultar o programa definitivo e máis información podes contactar connosco:

Prazo de inscrición 8 de novembro

📞 671 660 704   (Horario de mañá)

📩 Info@hemofiliagalicia.com

HEMOSAÚDE 25 de Outubro

Anotade a data!

Non te perdas a nosa charla sobre alimentación saudable o vindeiro venres, 25 de outubro!

Contaremos coa participación de Lucía Fernández Comesaña, dietista e nutricionista, que nos guiará en temas tan importantes como a alimentación antiinflamatoria, como organizar un menú semanal e a combinación adecuada dos alimentos. Ademais, aproveitará para informar e resolver as dudas sobre o noso servizo ONLINE personalizado.

A charla será de 18:30 a 20:00, adaptada para facilitar a conciliación laboral das nosas persoas socias.
Prazo de inscrición ata o luns 21 de outubro. Agradecemos que nos confirmes a túa asistencia para poder organizar mellor os espazos.

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Prazo de inscrición ata o 21 outubro Inscricións e máis información:
📞 671 66 07 04  (Horario de mañá)
📩 Info@hemofiliagalicia.com

ESCOLA VIGO

🔵 O proxecto "ESCOLAS DE APRENDIZAXE" para familias con nenos e nenas con hemofilia,busca mellorar a calidade de vida a través da adquisición de competencias para a autoadministración do tratamento intravenoso. 💉 

💬 Co apoio e colaboración do Concello de Vigo

  #Saúde #Hemofilia #Vigo

Para consultar o programa definitivo e máis información podes contactar connosco:

📞 671 660 704   (Horario de mañá)

📩 Info@hemofiliagalicia.com

AGADHEMO pon a venda a súa Lotería de Nadal 2024

Un ano mais @Agadhemo pon  a venda lotería para o sorteo de Nadal que se celebrará o 22 de decembro. Este ano xogamos co número 83.435

Vala perder?

Chama e reserva no 📞+34 671 66 07 04 (Horario de maña)  ou o pregunta polos puntos de venda 📩 Info@hemofiliagalicia.com

IGUALHEMOS VIGO

✨ O proxecto IGUALHEMOS de apoio psicolóxico para mulleres con coagulopatías conxénitas da área sanitaria de Vigo.


💬 Co apoio e colaboración do Concello de Vigo, fomentamos o benestar emocional e o sentimento de pertenza.


Xuntas fortalecémonos! #SaludMental #Coagulopatías #Vigo

Para consultar o programa definitivo e máis información podes contactar connosco:

📞 671 660 704   (Horario de mañá)

CONVIVENCIAS FAMILIARES 14 ó 16 de Xuño

Anotade a data!

Abrimos o plazo para a inscrición das Xornadas de Convivencias Familiares 2024. Como sabedes, é una actividade dirixidas para familias socias con rapazada de 0-12 anos, un fin de semana que ten como obxectivo xerar un espazo onde compartir experiencias e crear lazos.

Este ano realizaranse fin de semana do 14,15 e 16 de xuño, no Hotel Cemar (Mondariz Balneario, Pontevedra). Un complexo hoteleiro natural que ofrece diversidade de actividades para toda a familia: Piscina, hípica, parque multiaventura, pistas multiusos, etc.

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Prazo de inscrición ata o 31 de maio.

Inscricións e máis información:
📞 986281960 (Horario de mañá)
📩 Info@hemofiliagalicia.com