O 17 de abril conmemórase o día mundial da hemofilia
Para conmemorar o día mundial da hemofilia as entidades do movemento asociativo de hemofilia e outras coagulopatías conxénitas facemos unha campaña de difusión a nivel mundial.
Iluminaranse de vermello edificacións e monumentos por todo o mundo que contribuirá a chamar a atención cara ás persoas afectadas por trastornos da coagulación hereditarios.
O lema do Día mundial da hemofilia deste ano é "Acceso para todos: Alianzas. A prevención de hemorraxias como norma de atención a nivel mundial". Ao crear conciencia sobre a hemofilia e outros trastornos da coagulación hereditarios e chamar a atención dos lexisladores cara a eles podemos incrementar o acceso sustentable e equitativo á atención e o tratamento.
Iluminarse de vermello é unha campaña auspiciada pola Federación Mundial de Hemofilia ( FMH) e a Federación Española de Hemofilia FEDHEMO.
En Galicia ilumináranse de vermello monumentos e edificios nas principais cidades galegas, estade atentos e atentas as nosas redes sociais.
Nesta campaña de difusión tamén lanzamos un reto por redes sociais animando a todas aquelas persoas que nos queiran apoiar a que tiren fotos e as suban nas súas redes sociais etiquetándonos. Como?
1- Colle unha prenda ou complemento de cor vermella
2- Tira unha foto ou vídeo 3- Súbeo nas túas redes co #RetoPrendaRoja e etiquétanos @Agadhemo
Asamblea autonómica 16 de abril
Aínda non estas apuntado á a Asemblea de Agadhemo? Celébrase o domingo 16 de abril, en Santiago de Compostela. Lembramos que para apuntarse só tes que chamarnos ou escribirnos ao info@hemofiliagalicia.com ou a 986281960 (horario de mañá) Esperámosvos !!
Hemosaúde 10 de marzo
Desde Agadhemo queremos animarvos a todos e todas a participar nunha nova iniciativa da Liña de Hemosalud coa I Xornada de Hábitos de vida saudables.
Temos a sorte de contar con Vicente de Becerra, ponente desta primeira xornada de Hemosalud e Profesor de educación física, Adestrador persoal, Farmaceútico, Químico e Mestre en coaching.
A nosa intención é abordar diferentes temáticas de interese sobre aspectos deportivos, nutricionais, psicolóxicos, sociais e físicos relacionados coa Hemofilia coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas a través da actividade física e unha alimentación saudable.
A idea é chegar a todo o colectivo de persoas socias de Agadhemo, polo que respondendo as vosas demandas, organizaranse máis datas por outras zonas do territorio galego.
Para facilitar a organización e xestión dos espazos, agradécese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes
Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar! Inscricións ao correo a info@hemofiliagalicia.com ou chamar ao teléfono 986281960 (horario de mañá).
Hemoescola 11 de marzo
Dende Agadhemo queremos lembrarvos que o vindeiro sábado día 11 de Marzo realizaremos unha nova edición da HEMOESCOLA (obradoiro de autotratamento).
Terá lugar nas instalacións de COGAMI- MOS: Avd. do rebullón, s/n, Puxeiros 36416 Mos, Pontevedra. Link da dirección: https://goo.gl/maps/5fE9RvCpa1ZRBNqW7 .
No horario de 11:30 - 13:30 da mañá.
Ao rematar a actividade quedaremos a comer no Centro Cultural As Pedriñas (ao lado do centro). Por isto agradécese que informen das posibles alerxias alimenticias das persoas asistentes.
Para facilitar a organización dos espazos e a xestión da reserva, agradécese que avisen con atelación da cantidade de persoas asistentes.
A data límite para a inscrición é o 6 de marzo.
Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!
Hemoescola Pontevedra
Neste ano 2022 , coa colaboración da Deputación de Pontevedra continuamos coa formación para familias con crianzas que teñen algunha coagulopatía.
Programa dirixido a :
Persoas con hemofilia
Persoas con EvW
Persoas con déficits de factor
Persoas portadoras
Persoas coidadoras de PCH
Información e inscricións: asogalicia@hemofiliagalicia.com
Hemoescola A Coruña
Coa colaboración do Concello de A Coruña seguimos en marcha coa Escola de formación en Hemofilia e coagulopatías da área sanitaria de A Coruña.
Máis información en asogalicia@hemofiliagalicia.com
Escola de hemofilia de Ferrol
2022: obradoiros de Formación en hemofilia e outras coagulopatías.
Coa colaboración do Concello de Ferrol seguimos en marcha coa Escola de formación en Hemofilia e coagulopatías da área sanitaria de Ferrol.
Máis información en asogalicia@hemofiliagalicia.com
Asamblea Ordinaria de Persoas Socias
O vindeiro sábado 29 de maio 11:30 (en segunda convocatoria) celebrarase a XXXIII Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias de AGADHEMO.
Como sabedes seguimos baixo restricións por mor do Covid-19, esta asemblea convócanse de forma mixta, e para garantir as medidas de seguridade precisas imos a poñer unha serie de requisitos para salvagardar a saúde de todos e todas nos.
Participación presencial:
Convocase en Santiago de Compostela previa inscrición, para así poder saber con antelación o espazo que debemos ter para asegurar ese distanciamento social obrigatorio, e as medidas de seguridade necesarias.
Asistirán só persoas asociadas. Lamentablemente non podemos facer un acto de convivencia, o cal o deixaremos para o vindeiro ano.
Unha vez inscritas as persoas chamaranse para confirmar.
Participación telemática:
Deberan achegar inscrición previa, para así poder comprobar as persoas socias que estarán inscritas durante a asemblea, e ter tamén un enderezo electrónico para enviar o enlace de forma segura.
Xornadas: “Acceso para todos: Alianzas. Políticas públicas. Progreso"
Xornadas: “Acceso para todos: Alianzas. Políticas públicas. Progreso"
10:00 - 12:30
Congreso dos Diputados
Con motivo do Día Mundial da Hemofilia, o vindeiro 26 de abril FEDHEMO organiza un acto institucional no Congreso dos Diputados.
Este ano o lema é “Acceso para todos: Alianzas. Políticas públicas. Progreso. Involucrar ó seu goberno, integrar os trastornos da coagulación hereditarios nas políticas públicas nacionales” co obxeto de facilitar o acceso sustentable e equitativo á atención e o tratamento de todos e todas as pacientes.
O 17 de abril conmemórase o Día Mundial da Hemofilia. Este día ten como obxectivo aumentar o nivel de conciencia sobre a hemofilia e outros trastornos da coagulación.
O lema deste ano da Federación Mundial de Hemofilia é “Acceso para todos: Asociación. Política. Progreso. Involucrar ao goberno, integrando os trastornos hemorráxicos hereditarios na política nacional”.
Como participar e crear conciencia
Anímate e ponche unha peza vermella. Comparte a túa foto ou vídeo nas redes sociais co ‘ hashtag’ #DíaMundialHemofilia, # RetoPrendaRoja e menciónanos (@Agadhemo e a @fedhemo)
Atrévete e ponte creativa! Comparte fotos de ilustracións, debuxos, mensaxes de ánimo e apoio á comunidade da hemofilia co # DíaMundialHemofilia # WHD2022 e etiquétanos (@Agadhemo e a @fedhemo) Estaremos atentas!
Comparte fotos de monumentos ou edificacións iluminadas de vermello usando as etiquetas # DíaMundialHemofilia, # WorldHemophiliaDay,# WHD2022 e #LightItUpRed.
Descarga o marco de Facebook do DMH e móstralle ao mundo o teu apoio á comunidade. Moitas grazas polo teu apoio!
Moitas grazas polo teu apoio!
Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Si acepta o continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. Ajustes de cookiesAceptar
Privacidad y política de cookies
Resumen de privacidad
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. De estas cookies, las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede tener un efecto en su experiencia de navegación.
Las cookies necesarias son absolutamente esenciales para que el sitio web funcione correctamente. Esta categoría solo incluye cookies que garantizan funcionalidades básicas y características de seguridad del sitio web. Estas cookies no almacenan ninguna información personal.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.