‼️ Con motivo do día Mundial da Hemofilia que se celebra o venres 17 de abril, este ano volvemos a alumear Galicia de vermello.
📍 Os lugares iluminaranse ao caer o sol:
Santiago de Compostela: Pazo de Raxoi Coruña: Fonte 4 Camiños Tomiño: Edificio do Concello Pontevedra: Pazo Provincial Vigo: Fuentes da Rúa Aragón Hospital Álvaro Cunqueiro: Escultura “ O Titán” Ferrol: Pazo Municipal Ourense: Puente Romana Lugo: Casa Consistorial Ares: Casa Consistorial Teo: Casa Consistorial Tui: Casa Consistorial
Como podes participar?
O 17 de abril tira unha foto do lugar que estea iluminado de vermello na túa cidade e compárteo connosco en redes sociais utilizando os hashtags: #DiaMundialHemofilia #whd2025
E non esquezas mencionarnos @agadhemo @fedhemo , para que poidamos compartir a foto!
Xornada de Formación e Asemblea Autonómica 18 Abril
O vindeiro 18 de Abril Agadhemo celebra a Xornada anual de formación e a Asemblea ordinaria de persoas socias, en Santiago de Compostela.
Terá lugar no Hotel OCA Puerta del Camino. (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).
No horario de 11:00 - 14:00 da mañá.
O remate da Xornada de Formación celebrarase a Asemblea Ordinaria de persoas socias que dará comezo as 13:00h.
Tras o acto de clausura que será a s 14:15 celebraremos un xantar de convivencia no mesmo hotel.
Esperamos a vosa resposta e animámosvos a participar!
Inscrición ó correo info@hemofiliagalicia.com ou chamar ó teléfono 671660704 (horario de mañá)
ESCOLA VIGO 14 de Marzo
Agadhemo organiza unha nova edición da HEMOESCOLA (taller de autotratamento) o sábado día 14 de Marzo en Mos, Pontevedra.
Tenrá lugar nas instalacións de COGAMI- MOS: Avd. do rebullón, s/n, Puxeiros 36416 Mos, Pontevedra.
No horario de 11:00 - 13:30 da maña.
Para facilitar a organización e xestión dos espazos, agradecese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite 11 de marzo.
Esperamos a vosa resposta e animámosvos a participar!
Inscrición ó correo info@hemofiliagalicia.com ou chamar ó teléfono 671660704 (horario de maña)
IGUALHEMOS CORUÑA
✨ O proxecto IGUALHEMOS de apoio psicolóxico para mulleres con coagulopatías conxénitas da área sanitaria de A Coruña.
💬 Co apoio e colaboración do Concello de A Coruña, fomentamos o benestar emocional e o sentimento de pertenza.
Para consultar o programa definitivo e máis información podes contactar connosco:
📞 671 660 704 (Horario de mañá)
CONVIVENCIAS FAMILIARES 20 ao 22 de Xuño
Anotade a data!
Abrimos o plazo para a inscrición das Xornadas de Convivencias Familiares 2025. Como sabedes, é una actividade dirixida para familias socias con rapazada de 5-12 anos, un fin de semana que ten como obxectivo xerar un espazo onde compartir experiencias e crear lazos.
Este ano realizaranse fin de semana do 20 ao 22de Xuño, no Hotel Cemar (Mondariz Balneario, Pontevedra). Un complexo hoteleiro natural que ofrece diversidade de actividades para toda a familia: Piscina, hípica, parque multiaventura, pistas multiusos, etc.
Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!
Prazo de inscrición ata o 7 de xuño. Inscricións e máis información: 📞 986281960 (Horario de mañá) 📩 Info@hemofiliagalicia.com
SAIP_A Coruña
Servicio de Atención e Información Permanente (SAIP) da provincia de A Coruña
A deputación de A Coruña financia este servizo en este ano 2025 con 3.927,955 € (un coeficiente do 0.8).
O seu obxectivo principal es o de “Apoiar a las persoas con hemofilia e con coagulopatías conxénitas que residen na provincia de A Coruña, con un servizo de asesoramento para a resolución de problemas concretos e o desenvolvemento de servizos complementarios sociosanitarios específicos e especializados, para fomentar a súa inclusión na sociedade”
Mais información no 671660704 ou no 📩 Info@hemofiliagalicia.com
ESCOLA VIGO 5 Abril
Agadhemo organiza unha nova edición da HEMOESCOLA (taller de autotratamento) o sábado día 5 de Abril en Mos, Pontevedra.
Terá lugar nas instalacións de COGAMI- MOS: Avd. do rebullón, s/n, Puxeiros 36416 Mos, Pontevedra.
No horario de 11:00 - 13:30 da maña.
Para facilitar a organización e xestión dos espazos, agradecese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite es o xoves 3 de Abril
Esperamos a vosa resposta e animámosvos a participar!
Inscrición ó correo info@hemofiliagalicia.com ou chamar ó teléfono 671660704 (horario de maña)
HEMOXORNADAS - A Coruña 13 de Novembro
Xornadas formativas en coagulopatías.
Desde Agadhemo convocamos una nova xornada do proxecto " HemoXornadas Xornadas Formativas para persoas con hemofilia ou outra coagulopatías conxénitas" co obxectivo de formar e informar sobre tratamentos, coidados e a atención especializada.
Estas sesións formativas realizaranse A Coruña de maneira presencial.
Será na Coruña o 13 de Novembro no Hospital Universitario da Coruña, Aula 1 as 16:30 horas.
Estarán dirixidas polo Servizo de Hematoloxía.
Desde Agadhemo cremos que estes servizos complementarios poden enriquecer o trato directo e bidireccional en todos os sentidos entre os profesionais do sistema público de saúde e as persoas asociadas.
Animámosvos a todas as persoas socias, e aquelas que teñan interese sobre hemofilia e coagulopatías, a participar nestas xornadas. Estas xornadas son gratuítas e requiren inscrición previa dado que hai prazas limitadas.
Para consultar o programa definitivo e máis información podes contactar connosco:
Non te perdas a nosa charla sobre alimentación saudable o vindeiro venres, 25 de outubro!
Contaremos coa participación de Lucía Fernández Comesaña, dietista e nutricionista, que nos guiará en temas tan importantes como a alimentación antiinflamatoria, como organizar un menú semanal e a combinación adecuada dos alimentos. Ademais, aproveitará para informar e resolver as dudas sobre o noso servizo ONLINE personalizado.
A charla será de 18:30 a 20:00, adaptada para facilitar a conciliación laboral das nosas persoas socias. Prazo de inscrición ata o luns 21 de outubro. Agradecemos que nos confirmes a túa asistencia para poder organizar mellor os espazos.
Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!
Prazo de inscrición ata o 21 outubro Inscricións e máis información: 📞 671 66 07 04 (Horario de mañá) 📩 Info@hemofiliagalicia.com
Utilizamos cookies propias y de terceros para obtener datos estadísticos de la navegación de nuestros usuarios y mejorar nuestros servicios. Si acepta o continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí. Ajustes de cookiesAceptar
Privacidad y política de cookies
Resumen de privacidad
Este sitio web utiliza cookies para mejorar su experiencia mientras navega por el sitio web. De estas cookies, las cookies que se clasifican como necesarias se almacenan en su navegador, ya que son esenciales para el funcionamiento de las funcionalidades básicas del sitio web. También utilizamos cookies de terceros que nos ayudan a analizar y comprender cómo utiliza este sitio web. Estas cookies se almacenarán en su navegador solo con su consentimiento. También tiene la opción de optar por no recibir estas cookies. Pero la exclusión voluntaria de algunas de estas cookies puede tener un efecto en su experiencia de navegación.
Las cookies necesarias son absolutamente esenciales para que el sitio web funcione correctamente. Esta categoría solo incluye cookies que garantizan funcionalidades básicas y características de seguridad del sitio web. Estas cookies no almacenan ninguna información personal.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.