AGADHEMO pon a venda a súa Lotería de Nadal 2024
Un ano mais @Agadhemo pon a venda lotería para o sorteo de Nadal que se celebrará o 22 de decembro. Este ano xogamos co número 83.435
Vala perder?
Chama e reserva no 📞+34 671 66 07 04 (Horario de maña) ou o pregunta polos puntos de venda 📩 Info@hemofiliagalicia.com
HEMOJOVENES 24-26 Novembro
Do 24 ao 26 de Novembro celebrarase en Madrid o Encontro de mozos con hemofilia e outras coagulopatías: HEMOJOVENES”.
Nestas xornadas trataranse os principais temas de interese para os/as novos, establecendo un espazo de encontro e reunión no que compartir e coñecernos dunha forma amena e dinámica.
A actividade que realiza @Fedhemo está dirixida exclusivamente a mocidade con hemofilia, EvW ,portadoras de hemofilia ou outra coagulopatía, con idades comprendidas entre os 18 a 38 anos de todo o territorio nacional.
Estas xornadas teñen un custo de inscrición de 50€ que inclúe: transporte, aloxamento e pensión completa.
As prazas son limitadas, por iso, se tes interese en asistir, aquí poderás consultar a apertura de inscricións e inscribirche directamente. Ligazón Hemojóvenes - Fedhemo
Se es socio ou socia de Agadhemo contactar en :
📞 986281960 (Horario de maña)
📩 Info@hemofiliagalicia.com