Publicación: 11 de Abril de 2022

Día Mundial da Hemofilia 2021

 

O 17 de abril conmemórase o Día Mundial da Hemofilia. Este día ten como obxectivo aumentar o nivel de conciencia sobre a hemofilia e outros trastornos da coagulación.

O lema deste ano da Federación Mundial de Hemofilia é “Acceso para todos: Asociación. Política. Progreso. Involucrar ao goberno, integrando os trastornos hemorráxicos hereditarios na política nacional”.

Como participar e crear conciencia

Anímate e ponche unha peza vermella. Comparte a túa foto ou vídeo nas redes sociais co ‘ hashtag’ #DíaMundialHemofilia, # RetoPrendaRoja e menciónanos (@Agadhemo e a @fedhemo)

Atrévete e ponte creativa! Comparte fotos de ilustracións, debuxos, mensaxes de ánimo e apoio á comunidade da hemofilia co # DíaMundialHemofilia # WHD2022 e etiquétanos (@Agadhemo e a @fedhemo) Estaremos atentas!

Comparte fotos de monumentos ou edificacións iluminadas de vermello usando as etiquetas # DíaMundialHemofilia, # WorldHemophiliaDay,# WHD2022 e #LightItUpRed.

Descarga o marco de Facebook do DMH e móstralle ao mundo o teu apoio á comunidade. Moitas grazas polo teu apoio!

Moitas grazas polo teu apoio!

 


671 660 803

Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo

 

©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade

Isto foi obra de Sr. Concejo

crossmenu