Do 29 se Setembro ao 1 de Outubro celebrase o III Encontro nacional de Mulleres con coagulopatías, este ano en Madrid.
Este encontro, dirixido a mulleres con coagulopatías maiores de idade, e un espazo onde aprender, compartir e debater sobre os aspectos que nos unen.
O programa formativo e a inscrición publicarase en breve na web de Fedhemo: https://fedhemo.com/event/encuentro-de-mujeres-coagulopatias-2023/
Esta actividade e de balde, financiada a través das subvencións de interese social da convocatoria do 0,7 do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e realízase da man de @Fedhemo
Sen dúbida, pasar esta fin de semana con amigas de todo o territorio nacional, é unha excelente opción. Esperamos poder vervos pronto.
As socias de Agadhemo podedes contactar directamente coa entidade.
Inscricións e máis información:
📞 986281960 (Horario de maña)
📩 Info@hemofiliagalicia.com
Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo
©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade
Isto foi obra de Sr. Concejo