Publicación: 1 de Xullo de 2023

FAMILIAS 31 Ago-01 Set

Xa vos podedes anotar ao  “XVI Albergue de familias con fillos e fillas con coagulopatías en idade temperá” que se celebrará en Málaga do 31 de agosto ao 3 de setembro.

O encontro, está dirixido a familias con fillos e fillas con hemofilia e outras coagulopatías de entre 0 e 7 anos.

O programa formativo para os pais e nais contará con sesións conxuntas, sanitarias e psicosociais.

Durante as sesións, contaremos cun grupo de persoas voluntarias que se farán cargo dos nenos e nenas con actividades entretidas para que se divirtan mentres aprendemos e compartimos experiencias.

Esta actividade e de balde, financiada a través das subvencións de interese social da convocatoria do 0,7 do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e realízase da man de @Fedhemo e @hemofiliamalaga

Sen dúbida, pasar esta fin de semana con amigos e amigas de todo o territorio nacional, é unha excelente opción. Esperamos poder vervos pronto.

Prazo de inscrición asta o 14 de Xullo Para formalizar a inscrición, tedes que enviar a solicitude que atoparedes na Web de Fedhemo: XVI Albergue de familias con hijos/as con coagulopatías en edad temprana - Fedhemo

As persoas socias de Agadhemo podedes contactar directamente coa entidade

 Inscricións e máis información:

📞 986281960 (Horario de mañá)

📩 Info@hemofiliagalicia.com


671 660 803

Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo

 

©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade

Isto foi obra de Sr. Concejo

crossmenu