Dende Agadhemo queremos lembrarvos que o vindeiro sábado día 11 de Marzo realizaremos unha nova edición da HEMOESCOLA (obradoiro de autotratamento).
Terá lugar nas instalacións de COGAMI- MOS: Avd. do rebullón, s/n, Puxeiros 36416 Mos, Pontevedra. Link da dirección: https://goo.gl/maps/5fE9RvCpa1ZRBNqW7 .
No horario de 11:30 - 13:30 da mañá.
Ao rematar a actividade quedaremos a comer no Centro Cultural As Pedriñas (ao lado do centro). Por isto agradécese que informen das posibles alerxias alimenticias das persoas asistentes.
Para facilitar a organización dos espazos e a xestión da reserva, agradécese que avisen con atelación da cantidade de persoas asistentes.
A data límite para a inscrición é o 6 de marzo.
Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!
Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo
©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade
Isto foi obra de Sr. Concejo