Agadhemo organiza unha nova edición da HEMOESCOLA (obradoiro de autotratamento) o sábado día 4 de Novembro en A Coruña.
Terá lugar no LOCAL de AGADHEMO CORUÑA: Travesia de orillamar 7. A CORUÑA
No horario de 11:30 - 13:30 da mañá.
Ao rematar a actividade quedaremos a comer. Por isto agradécese que informen das posibles alerxias alimenticias das persoas asistentes.
Para facilitar a organización e xestión dos espazos, agradécese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite é o venres 27 de outubro
Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!
Inscricións ao correo a info@hemofiliagalicia.com ou chamar ao teléfono 671660704 (horario de mañá).
Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo
©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade
Isto foi obra de Sr. Concejo