Publicación: 22 de Setembro de 2023

HEMOJOVENES 24-26 Novembro

Do 24 ao 26 de Novembro celebrarase en Madrid o Encontro de mozos con hemofilia e outras coagulopatías: HEMOJOVENES”.

Nestas xornadas trataranse os principais temas de interese para os/as novos, establecendo un espazo de encontro e reunión no que compartir e coñecernos dunha forma amena e dinámica.

A actividade que realiza @Fedhemo está dirixida exclusivamente a mocidade con hemofilia,  EvW ,portadoras de hemofilia ou outra coagulopatía, con idades comprendidas entre os 18 a 38 anos de todo o territorio nacional.

Estas xornadas teñen un custo de inscrición de 50€ que inclúe: transporte, aloxamento e pensión completa.

As prazas son limitadas, por iso, se tes interese en asistir, aquí poderás consultar a apertura de inscricións e inscribirche directamente. Ligazón Hemojóvenes - Fedhemo

Se es socio ou socia de Agadhemo contactar en :

📞 986281960 (Horario de maña)

📩 Info@hemofiliagalicia.com


671 660 803

Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo

 

©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade

Isto foi obra de Sr. Concejo

crossmenu