Publicación: 30 de Xuño de 2023

HEMOPEQUES 17-28 Xullo

Alégranos informarvos que xa podedes apuntarvos ás “XXXIV Xornadas de Formación en Hemofilia para nenos e nenas entre 8 e 12 anos”. Este ano, volvemos á Charca do día 17 ao 28 de xullo de 2023.

É unha experiencia única onde poderás coñecer novos amigos e amigas e tamén ver aos teus antigos compañeiros e compañeiras, gozar da piscina, excursións, talleres e actividades nun lugar inmellorable e súper divertido.

Terás un gran equipo de monitores e profesionais que nos acompañarán neste campamento, cos que sempre poderás contar para non aburrirche nin un minuto.

Esta actividade é posible grazas á organización de @Fedhemo onde acoden nenos e nenas de todas partes de España.

Valo perder! Non esperes que cho conten! Prepara a equipaxe… este verán pásalo na Charca.

Alí nos vémos!

As persoas socias de Agadhemo podes contactar directamente coa entidade

 Inscriciones e máis información:

📞 986281960 (Horario de mañá)

📩 Info@hemofiliagalicia.com

Ao terminar poderedes consultar todas as Fotos de #HemoPeques2023 na ligazón https://www.flickr.com/photos/126003558@N06/albums/72177720309834195


671 660 803

Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo

 

©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade

Isto foi obra de Sr. Concejo

crossmenu