Desde Agadhemo queremos animarvos a todos e todas a participar nunha iniciativa da Liña de Hemosalud coa II Xornada de Hábitos de vida saudables! Esta vez na coruña!
Contaremos con Vicente de Becerra, relator desta xornada formativa de Hemosalud e Profesor de educación física, Adestrador persoal, Farmaceútico, Químico e Mestre en coaching.
Abordaranse diferentes temáticas de interese sobre aspectos deportivos, nutricionais, psicolóxicos, sociais e físicos relacionados coa Hemofilia e outras coagulopatías coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas a través da actividade física e unha alimentación saudable.
Respondendo as vosas demandas, organízase nesta data para chegar a todo o colectivo de persoas socias de Agadhemo
Para facilitar a organización e xestión dos espazos, agradécese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite é o venres 27 de outubro
Esperamos a vosa resposta e animámosvos a participar!
Inscricións ao correo a info@hemofiliagalicia.com ou chamar ao teléfono 671660704 (horario de mañá).
Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo
©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade
Isto foi obra de Sr. Concejo