Publicación: 21 de Agosto de 2023

HEMOXUNTANZA 16 de Setembro

Espazo de encontro e lecer para a familia de @Agadhemo nun entorno natural.

Dando resposta as vosas demandas e coa finalidade de propiciar tempo de ocio e tempo libre activo, informamos dunha nova iniciativa, a HEMOXUNTANZA 2023.

Sábado 16 de Setembro as 11.00 na Illa de Arousa, toda a Familia de Agadhemo (persoas socias de Agadhemo, familiares e amigxs) reunirase nun entorno natural, co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables. Comenzaremos facendo unha andaina conxunta polo parque natural de Carreirón. A idea é que cada familia leve a súa propia comida e compartamos un momento de distensión todos xuntos nun entorno de natureza. Tamén  teremos tempo libre para relaxarnos na praia e bañarnos, se o tempo acompaña.

O prazo de inscripción abrirase o 24 de Agosto e finalizará o 7 de Setembro. Toda a información detallada será enviada a todas as persoas socias e/ou podedes consultala contactando coa entidade:

📞 986281960 (Horario de maña)

📩 Info@hemofiliagalicia.com


671 660 803

Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo

 

©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade

Isto foi obra de Sr. Concejo

crossmenu