Outras coagulopatías conxénitas

Outras coagulopatías conxénitas por defecto en factores individuais da coagulación.

Son patoloxías raras (Tabla 4) e son consecuencia de mutacións autosómicas recesivas e a miudo asociadas á consanguinidade (relación de parella dentro dunha mesama familia). Para a súa diagnose pódense empregar o tempo de protrombina, o TTPA e o tempo de trombina (Tabla 5). Detállanse  a continuación:

Deficiencia de Factor V

Caracterízase por unha diminución da función plaquetaria e polo tanto nunha prolongación do tempo de sangría xa cas plaquetas transportan alrededor do 20% do factor V circulante. Soe  haber unha deficiencia conxénita combinada dos factores V e VIII posiblemente secundaria o aumento anormal da actividade da proteína C reactiva.

Deficiencia de Factor VII

Causa hemorraxias graves e o tratamento con concentrados do complexo de protrombina (PCC) non é eficaz xa que a concentración do Factor VII nestos preparados é moi baixo. O tratamento de elección é o Factor VII recombinante activado ainda que o seu alto coste e a  baixa vida media na sangre fan  deste un uso restrinxido e acúdese a preparados plasmáticos.

Deficiencia de Factor X

É grave pero pode tratarse con plasma fresco conxeado ou con PCC. Os síntomas hemorráxicos son graves e poden comprometer a vida.
Tabla 4. Coagulopatías congénitas debidas a factores individuales de la coagulación
Deficiencia Niveles de factor Síntomas Tratamento
Afibrinoxenemia Fibrinóxeno non detectable Sangrado sistémico intenso CRIO (o nivel elévase a >100 mg/dL)
Hipofibrinoxenemia Fibrinóxeno <100 mg/dL Sangrado sistémico moderado CRIO (o nivel elévase a >100 mg/dL)
Disfibrinoxenemia Fibrinóxeno <100 mg/dL Sangrado sistémico leve CRIO (o nivel elévase a >100 mg/dL)
Deficiencia de protrombina Factor II <30% Sangrado sistémico leve PCC (o nivel elévase ao 75%)
Deficiencia de Factor V Factor V <30% Sangrado sistémico leve PFC (o nivel elévase ao 75%)
Deficiencia de Factor VII Factor VII <30% Sangrado anatómico intenso PFC, concentrado de Factor VII
Deficiencia de Factor X Factor X <30% Sangrado anatómico intenso PCC (o nivel elévase ao 75%)
Deficiencia de Factor XI Factor X <50% Sangrado anatómico leve a moderado PFC (o nivel elévase ao 75%)
Deficiencia de Factor XII Factor XII <1% Sangrado sistémico moderado a intenso. Mala curación de feridas PFC ó CRIO cada 3 semanas
Deficiencia de alfa antiplasmina 2-15% Sangrado anatómico moderado a intenso Amicar o ácido tranexámico

CRIO, crioprecipitado; PCC, concentrado del complexo de protrombina; PFC, plasma fresco congelado.

Tabla 5. Probas para o diagnóstico e diferenciación das coagulopatías conxénitas debidas a un factor en particular da coagulación
Factor Tempo de protrombina TTPA Tempo de trombina Proba indicadora do defecto
Fibrinóxeno Prolongado Prolongado Prolongado Proba de fibrinóxeno
Protrombina Prolongado Prolongado Normal Proba de protrombina, V, VII y X
V Prolongado Prolongado Normal Proba de protrombina, V, VII y X
VII Prolongado Normal Normal Proba de VII
VIII Normal Prolongado Normal Proba de VIII, IX y XI
IX Normal Prolongado Normal Proba de VIII, IX y XI
X Prolongado Prolongado Normal Proba de protrombina, V, VII y X
XI Normal Prolongado Normal Proba de VIII, IX y XI
XIII Normal Normal Normal Proba de XIII
Alfa antiplasmina Normal Normal Normal Proba de alfa antiplasmina con sustrato cromoxénicoTTPA, tempo de tromboplastina parcial activada.

Deficiencia de Factor XIII

No plasma a molécula de Factor XIII é un tetrámero de cadenas alfa e beta apareadas. Dentro das plaquetas,os monocitos, a placenta, a próstata e o útero encóntrase en forma de homodímero (dúas cadeas alfa). A cadea alfa conten o sitio activo e a beta é a zona de unión e estabilización. A deficiencia de Factor XIII pode cursar de tres formas diferentes en función da cadeaafectada (Tabla 6). As evidencias de laboratorio son dúas fundamentalmente, dunha parte a inestabilidade do coágulo que se disolve en dúas horas cando se suspende en urea 5M, e de outra a actividad diminuida de Factor XIII determinada por métodos con sustrato cromoxénico (que cambia de cor).
Tabla 6. Tipos de deficiencias de Factor XIII
Tipo Incidencia Actividad Factor XIII Beta proteína Alfa proteína
I Rara Ausente Ausente Ausente
II Frecuente Ausente Normal Baja
III Rara Baja Ausente Baja

671 660 803

Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo

 

©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade

Isto foi obra de Sr. Concejo

crossmenu