Servizos

Agadhemo pon á túa disposición unha serie de servizos que te axudarán na túa vida diaria.

Icono sesións online

Sesións online

Seguindo a liña do proxecto Hemosaúde e dando resposta as demandas das persoas asociadas nace este novo servizo de sesións online.

As persoas interesadas tendrán a posibilidade de participar en sesións online supervisadas por un equipo técnico de especialistas nas áreas de educación física e nutrición.

A metodoloxía de actuación de Hemosaúde 2024 será multidisciplinar e centrada na persoa. Estas sesións serán individuais, se trátase de por á persoa con coagulopatía e as súas necesidades como centro fundamental para o desenvolvemento do programa. Isto quere dicir que con cada unha das persoas socias elaborarase un plan de atención individualizado adaptado, en sintonía coas necesidades.

Máis información: 671 660 803 o info@hemofiliagalicia.com

Fisioterapia

A inicios do ano 2020 asinamos un convenio con COGAMI mediante o cal as persoas socias de AGADHEMO poden recibir servizos de fisioterapia nas dependenzas de COGAMI en Santiago e Vigo. Así como coa asociación Vontade do baixo miño. As fisioterapeutas que traballan alí foron previamente formadas en hemofilia e coagulopatías.

Persoas beneficiarias

  • Persoas diagnosticadas de hemofilia ou outra coagulopatía.
  • Persoas asociadas a AGADHEMO.

Máis información: 671 660 803 ou info@hemofiliagalicia.com

Apoio psicosocial

Xerando novas sinerxias: a importancia do apoio psicosocial nas persoas con hemofilia e outras coagulopatías conxénitas.

O obxectivo xeral mellorar a calidade de vida das persoas con hemofilia ou outras coagulopatías conxénitas e das súas respectivas familias e/ou persoas coidadoras, abordando de maneira integral os efectos colaterais a nivel psicosocial derivados tras o diagnóstico e acrecentados coa chegada da pandemia xerada por covid-19.

O proxecto “Xerando novas Sinergías” require dun enfoque cualitativo á hora de abordar a súa metodoloxía, pois para alcanzar os obxectivos propostos, é necesario indagar nas distintas historias de vida das persoas.
Para ofrecer un servizo adaptado ás novas necesidades das persoas socias e desde unha perspectiva adaptada segundo perfís, as actividades previstas son as seguintes:

  •  Servizo De Atención, Orientación E Asesoramento. Atención Psicosocial Integral- Integrada
  • Actividades Informativas-Formativas Teórico-Prácticas
  • Curso xestión das emocións en tempos de pandemia
  • Curso/taller ferramentas para fortalecer a nosa autoestima
  • Curso hábitos de vida neurosaludables.
  • Grupos De Axuda/Apoio Mutuo

Persoas beneficiarias

  • Persoas diagnosticadas de hemofilia ou outra coagulopatía.
  • Familas e persoas coidadoras.
  • Persoas asociadas a AGADHEMO

Máis información: 671 660 803 ou info@hemofiliagalicia.com

 

Capacithemos

AGADHEMO realiza o programa CAPACITHEMOS “Información e atención psicosocial e fisioterapéutica para persoas con hemofilia e outras coagulopatías conxénitas

Descrición do servizo

A Asociación Galega de Hemofilia ( Agadhemo) a través do Programa Capacithemos busca potenciar a capacitación individual, familiar e social das persoas con hemofilia e con outras coagulopatías conxénitas mediante apoio específico en diferentes áreas como ferramentas para a integración social. As actividades enmarcadas dentro do programa Capacithemos son varias e clasifícanse en base aos obxectivos propostos:

  • Actividades de información e orientación.
  • Actividades formativas e educativas.
  • Actividades de atención psicosocial.
  • Actividades de rehabilitación e estimulación.

Persoas beneficiarias

  • Persoas diagnosticadas de hemofilia ou outra coagulopatía.
  • Persoas asociadas a AGADHEMO

Máis información: 671 660 803 ou info@hemofiliagalicia.com

SAIP

O Servizo de Atención e Información Permanente (SAIP) naceu no ano 2001. Estas actividades de asesoramento psicosocial e información aos socios foron tomando cada vez máis protagonismo ata ser as máis demandadas polos usuarios.

A metodoloxía de actuación baséase na atención individualizada ou grupal aos afectados a ás súas familias, mediante a prestación de servizos e accións encamiñadas a impulsar as condutas preventivas e a capacitación sociosanitaria. Como instrumentos de traballo utilízanse técnicas de contacto directo como a entrevista persoal ou grupal e a consulta, que permiten o intercambio directo de información, a comunicación bidireccional, a observación participativa e a recollida de datos. Entre a oferta de servizos especializados atópanse:

  • Servizo de asesoramento legal
  • Certificados de discapacidade
  • Pensións de orfandade
  • Reclamacións
  • Lei de dependencia
  • Consentimentos informados
  • Grupos de Asesoramento Mutuo (GAM)
  • Servizo de acompañamento
  • Campaña de sensibilización e difusión

Atendhemos

Este servizo de atención a persoas con coagulopatías conxénitas na provincia de Lugo naceu no ano 2012 , e pretende prestar atención específica aos seus asociados da provincia de Lugo e, en especial das zonas rurais. A experiencia acumulada ao longo do tempo permítenos afirmar que os recursos que mellor funcionan son o asesoramento individualizado e o traballo en pequenos grupos. Neles a persoa síntese acompañada, escoitada nas súas demandas e socializa os seus problemas e dificultades, non moi afastadas da persoa que ten ao seu carón.

Saluditinere

Servizo de dispensación de medicamentos a domicilio para persoas con hemofilia. O proxecto SaludItinere pretende mellorar a calidade de vida das persoas con hemofilia facilitando o acceso á medicación. Os seus obxectivos básicos son: o coñecemento da propia enfermidade, fomentando a adherencia ao tratamento; a obtención da máxima efectividade dos tratamentos farmacolóxicos; e a racionalización no uso de medicamentos como principal ferramenta terapéutica. A metodoloxía do Servizo implica un compromiso, e debe proverse de forma continuada, sistematizada e documentada, en colaboración co propio usuario e cos demais profesionais do sistema público de saúde. Ao mesmo tempo, SaludItinere está pensado para realizar funcións de intermediación entre os servizos farmacéuticos hospitalarios e os pacientes con hemofilia.

Piso hogar

O piso fogar dá servizo aos socios/as e ás súas familias cando necesitan de hospitalización no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) para algunha intervención (trasplante hepático, próteses, etc.), ou calquera outra asistencia sanitaria.

Dende o ano 2018 Agadhemo ten un convenio de colaboración coa Asociación de Fibrose Quística de Galicia ( FQG) para que as súas persoas asociadas, moitas delas pendentes de transplante no CHUAC, puidesen aloxar alí. Posteriormente en 2019 se asinou outro convenio coa Asociación de Persoas Afectadas por Silicose (OSILICE) para o mesmo fin. En 2022 asinouse un convenio coa Federación Alcer Galicia para o mismo fin.

Está situado na rúa Curros Enríquez en Cambre (A Coruña) e atópase totalmente equipado.

 

671 660 803

Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo

 

©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade

Isto foi obra de Sr. Concejo

crossmenu