HEMOXUNTANZA 16 de Setembro
Espazo de encontro e lecer para a familia de @Agadhemo nun entorno natural.
Dando resposta as vosas demandas e coa finalidade de propiciar tempo de ocio e tempo libre activo, informamos dunha nova iniciativa, a HEMOXUNTANZA 2023.
Sábado 16 de Setembro as 11.00 na Illa de Arousa, toda a Familia de Agadhemo (persoas socias de Agadhemo, familiares e amigxs) reunirase nun entorno natural, co obxectivo de fomentar hábitos de vida saudables. Comenzaremos facendo unha andaina conxunta polo parque natural de Carreirón. A idea é que cada familia leve a súa propia comida e compartamos un momento de distensión todos xuntos nun entorno de natureza. Tamén teremos tempo libre para relaxarnos na praia e bañarnos, se o tempo acompaña.
O prazo de inscripción abrirase o 24 de Agosto e finalizará o 7 de Setembro. Toda a información detallada será enviada a todas as persoas socias e/ou podedes consultala contactando coa entidade:
📞 986281960 (Horario de maña)
📩 Info@hemofiliagalicia.com