HEMOXORNADAS - VIGO 21 Setembro

Xornadas formativas en coagulopatías.

Desde Agadhemo lanzamos un novo proxecto " HemoXornadas Xornadas Formativas para persoas con hemofilia ou outra coagulopatías conxénitas" co obxectivo de formar e informar sobre tratamentos, coidados e a atención especializada.

Estas sesións formativas realizaranse en Vigo, A Coruña e en Sanitago de maneira presencial.

A primera delas será en Vigo o 21 se Setembro no Hospital Álvaro Cunqueiro, Aula 1 as 16:30 horas.

Estarán dirixidas polo Servizo de Hematoloxía e moderadas polo Servizo de Farmacia.

Desde Agadhemo cremos que estes servizos complementarios poden enriquecer o trato directo e bidireccional en todos os sentidos entre os profesionais do sistema público de saúde e as persoas asociadas.

Animámosvos a todas as persoas socias, e aquelas que teñan interese sobre hemofilia e coagulopatías, a participar nestas xornadas. Estas xornadas son de balde e requiren inscrición previa dado que hai prazas limitadas.

Para consultar o programa definitivo e máis información podes contactar connosco:

📞 986281960 (Horario de mañá)

📩 Info@hemofiliagalicia.com

ESTUDO FISIOTERAPIA INHEFIS  6 de Xuño

Dende Agadhemo participamos nun Estudo de INHEFIS.

Dirixido a persoas maiores de 18 anos con Hemofilia A ou B.  Severa (<1% FVIII/FIX) ou moderada (1-5% de FVIII/FIX), en tratamento profiláctico e con diagnóstico médico de artropatía de xeonllo ou nocelo. 

Realizase en Vigo, Sede social de Agadhemo. Inicia o 6 de xuño e remata o 23 de xuño.

A intervención será de 2 sesions cada semana,durante 3 semanas consecutivas.

Un dos retos que teñen as enfermidades raras é conseguir estudos como este para ter evidencia científica que avale certos tratamentos.

Para calquera consulta contactar con Agadhemo. Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Inscricións e máis información: 📞 986281960 (Horario de mañá) 📩 Info@hemofiliagalicia.com