FORMACIÓN NOVO BAREMO 23 de Maio

Tras a entrada en vigor do Novo Baremo de Valoración da Discapacidade desde Agadhemo ofrecemos unha formación online para abordar de forma práctica o novo enfoque que establece a Lei, coñecer as diferenzas máis significativas que establece o novo baremo e os aspectos importantes a ter en conta durante a tramitación.

Día: martes 23 de maio
Hora: 18:30
Formación online: Zoom (en ligazón enviarase un día antes da formación por correo electrónico)

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Inscricións ao correo a info@hemofiliagalicia.com ou chamar ao teléfono 986281960 (horario de mañá).