HEMOXORNADAS -  A Coruña 13 de Novembro

Xornadas formativas en coagulopatías.

Desde Agadhemo convocamos una nova xornada do proxecto " HemoXornadas Xornadas Formativas para persoas con hemofilia ou outra coagulopatías conxénitas" co obxectivo de formar e informar sobre tratamentos, coidados e a atención especializada.

Estas sesións formativas realizaranse A Coruña de maneira presencial.

Será na Coruña o 13 de Novembro no Hospital Universitario da Coruña, Aula 1 as 16:30 horas.

Estarán dirixidas polo Servizo de Hematoloxía.

Desde Agadhemo cremos que estes servizos complementarios poden enriquecer o trato directo e bidireccional en todos os sentidos entre os profesionais do sistema público de saúde e as persoas asociadas.

Animámosvos a todas as persoas socias, e aquelas que teñan interese sobre hemofilia e coagulopatías, a participar nestas xornadas. Estas xornadas son gratuítas e requiren inscrición previa dado que hai prazas limitadas.

Para consultar o programa definitivo e máis información podes contactar connosco:

Prazo de inscrición 8 de novembro

📞 671 660 704   (Horario de mañá)

📩 Info@hemofiliagalicia.com

Congreso Mundial de Hemofilia 21-24 Abril

A Federación Mundial de Hemofilia (FMH) e a Federación Española de Hemofilia (Fedhemo) teñen o gusto de dar a benvida á comunidade mundial de trastornos da coagulación ao Congreso Mundial 2024 da FMH, o cal terá lugar en Madrid, España, do 21 ao 24 de abril 2024.

Este evento será a reunión internacional máis completa sobre trastornos da coagulación en 2024, e reunirá nun só lugar a persoas con trastornos da coagulación e outras partes interesadas. O Congreso levará a cabo no Recinto Feiral de IFEMA Madrid, unha sede de primeira clase, nunha cidade cosmopolita facilmente accesible para viaxeiros internacionais.

Para máis información:

Consulta a páxina do congreso : https://wfh.org/es/congreso/

Ou a web de Fedhemo: https://fedhemo.com/event/congreso-mundial-fmh-2024/

FORMACIÓN NOVO BAREMO 23 de Maio

Tras a entrada en vigor do Novo Baremo de Valoración da Discapacidade desde Agadhemo ofrecemos unha formación online para abordar de forma práctica o novo enfoque que establece a Lei, coñecer as diferenzas máis significativas que establece o novo baremo e os aspectos importantes a ter en conta durante a tramitación.

Día: martes 23 de maio
Hora: 18:30
Formación online: Zoom (en ligazón enviarase un día antes da formación por correo electrónico)

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Inscricións ao correo a info@hemofiliagalicia.com ou chamar ao teléfono 986281960 (horario de mañá).