HEMOXORNADAS -  A Coruña 13 de Novembro

Xornadas formativas en coagulopatías.

Desde Agadhemo convocamos una nova xornada do proxecto " HemoXornadas Xornadas Formativas para persoas con hemofilia ou outra coagulopatías conxénitas" co obxectivo de formar e informar sobre tratamentos, coidados e a atención especializada.

Estas sesións formativas realizaranse A Coruña de maneira presencial.

Será na Coruña o 13 de Novembro no Hospital Universitario da Coruña, Aula 1 as 16:30 horas.

Estarán dirixidas polo Servizo de Hematoloxía.

Desde Agadhemo cremos que estes servizos complementarios poden enriquecer o trato directo e bidireccional en todos os sentidos entre os profesionais do sistema público de saúde e as persoas asociadas.

Animámosvos a todas as persoas socias, e aquelas que teñan interese sobre hemofilia e coagulopatías, a participar nestas xornadas. Estas xornadas son gratuítas e requiren inscrición previa dado que hai prazas limitadas.

Para consultar o programa definitivo e máis información podes contactar connosco:

Prazo de inscrición 8 de novembro

📞 671 660 704   (Horario de mañá)

📩 Info@hemofiliagalicia.com

HEMOSAÚDE 25 de Outubro

Anotade a data!

Non te perdas a nosa charla sobre alimentación saudable o vindeiro venres, 25 de outubro!

Contaremos coa participación de Lucía Fernández Comesaña, dietista e nutricionista, que nos guiará en temas tan importantes como a alimentación antiinflamatoria, como organizar un menú semanal e a combinación adecuada dos alimentos. Ademais, aproveitará para informar e resolver as dudas sobre o noso servizo ONLINE personalizado.

A charla será de 18:30 a 20:00, adaptada para facilitar a conciliación laboral das nosas persoas socias.
Prazo de inscrición ata o luns 21 de outubro. Agradecemos que nos confirmes a túa asistencia para poder organizar mellor os espazos.

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Prazo de inscrición ata o 21 outubro Inscricións e máis información:
📞 671 66 07 04  (Horario de mañá)
📩 Info@hemofiliagalicia.com

CONVIVENCIAS FAMILIARES 14 ó 16 de Xuño

Anotade a data!

Abrimos o plazo para a inscrición das Xornadas de Convivencias Familiares 2024. Como sabedes, é una actividade dirixidas para familias socias con rapazada de 0-12 anos, un fin de semana que ten como obxectivo xerar un espazo onde compartir experiencias e crear lazos.

Este ano realizaranse fin de semana do 14,15 e 16 de xuño, no Hotel Cemar (Mondariz Balneario, Pontevedra). Un complexo hoteleiro natural que ofrece diversidade de actividades para toda a familia: Piscina, hípica, parque multiaventura, pistas multiusos, etc.

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Prazo de inscrición ata o 31 de maio.

Inscricións e máis información:
📞 986281960 (Horario de mañá)
📩 Info@hemofiliagalicia.com

Congreso Mundial de Hemofilia 21-24 Abril

A Federación Mundial de Hemofilia (FMH) e a Federación Española de Hemofilia (Fedhemo) teñen o gusto de dar a benvida á comunidade mundial de trastornos da coagulación ao Congreso Mundial 2024 da FMH, o cal terá lugar en Madrid, España, do 21 ao 24 de abril 2024.

Este evento será a reunión internacional máis completa sobre trastornos da coagulación en 2024, e reunirá nun só lugar a persoas con trastornos da coagulación e outras partes interesadas. O Congreso levará a cabo no Recinto Feiral de IFEMA Madrid, unha sede de primeira clase, nunha cidade cosmopolita facilmente accesible para viaxeiros internacionais.

Para máis información:

Consulta a páxina do congreso : https://wfh.org/es/congreso/

Ou a web de Fedhemo: https://fedhemo.com/event/congreso-mundial-fmh-2024/

Día mundial da Hemofilia

Con motivo do día Mundial da Hemofilia que se celebra o 17 de abril, este ano volvemos alumear Galicia de vermello.

Os lugares iluminaranse ao caer o sol:

  1. Ourense: Puente Romana
  2. Santiago de Compostela: Pazo de Raxoi
  3. Coruña: Fonte 4 Camiños
  4. Tomiño: Edificio do Concello
  5. Pontevedra: Pazo Provincial
  6. Vigo: Fuentes da Rúa Aragón e Edificio administrativo da Xunta de Galicia
  7. Hospital Álvaro Cunqueiro: Escultura “ O Titán”
  8. Ferrol: Pazo Municipal
  9. Lugo: Casa Consistorial

Como podes participar?
O 17 de abril tira unha foto do lugar que iluminado de vermello na túa cidade e compárteo connosco en redes sociais utilizando os hashtags:

#diamundialhemofilia

#whd2024

E non esquezas mencionarnos a @agadhemo nas nosas redes sociais (Facebook, x e Instagram) , para que podamos compartir a foto!

Asemblea autonómica 17 de marzo

Agadhemo celebra a súa Asemblea ordinaria de persoas socias o domingo día 17 de Marzo en Santiago de Compostela.

Terá lugar no Hotel OCA Puerta del Camino. (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).

No horario de 11:00 - 13:30 da mañá.

O remate da Asemblea Ordinaria celebrarase a Asemblea Extraordinaria de persoas socias.

Tras o acto de clausuras que será a s 13:30 celebraremos un xantar de convivencia no mesmo hotel.

Para facilitar a organización e xestión dos espazos,  agradecese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite es o 4 de marzo.

Esperamos a vosa resposta e animámosvos a participar! Inscrición ó correo  info@hemofiliagalicia.com ou chamar ó teléfono 671660704 (horario de mañá

HEMOESCOLA 24 Febreiro

Agadhemo organiza unha nova edición da HEMOESCOLA (taller de autotratamento) o sábado día 24 de Febreiro en Santiago de Compostela

Terá lugar nas Aulas de formación de COGAMI: R/ Dublín 3.(Fontiñas) Santiago de Compostela

No horario de 11:00 - 13:30 da maña.

Para facilitar a organización e xestión dos espazos,  agradecese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite es o xoves 22 de febreiro

Esperamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Inscrición ó correo  info@hemofiliagalicia.com ou chamar ó teléfono 671660704 (horario de maña)

HEMOSALUD 3 Novembro

Desde Agadhemo queremos animarvos a todos e todas a participar nunha iniciativa da Liña de Hemosalud coa II Xornada de Hábitos de vida saudables! Esta vez na coruña!

Contaremos con Vicente de Becerra, relator desta xornada formativa de Hemosalud e Profesor de educación física, Adestrador persoal, Farmaceútico, Químico e Mestre en coaching.

Abordaranse diferentes temáticas de interese sobre aspectos deportivos, nutricionais, psicolóxicos, sociais e físicos relacionados coa Hemofilia e outras coagulopatías coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas a través da actividade física e unha alimentación saudable.

Respondendo as vosas demandas, organízase nesta data para chegar a todo o colectivo de persoas socias de Agadhemo

Para facilitar a organización e xestión dos espazos, agradécese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite é o venres 27 de outubro

Esperamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Inscricións ao correo a info@hemofiliagalicia.com ou chamar ao teléfono 671660704 (horario de mañá).

HEMOESCOLA 4 Novembro

Agadhemo organiza unha nova edición da HEMOESCOLA (obradoiro de autotratamento) o sábado día 4 de Novembro en A Coruña.

Terá lugar no LOCAL de AGADHEMO CORUÑA: Travesia de orillamar 7. A CORUÑA

No horario de 11:30 - 13:30 da mañá.

Ao rematar a actividade quedaremos a comer. Por isto agradécese que informen das posibles alerxias alimenticias das persoas asistentes.

Para facilitar a organización e xestión dos espazos, agradécese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite é o venres 27 de outubro

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Inscricións ao correo a info@hemofiliagalicia.com ou chamar ao teléfono 671660704 (horario de mañá).

HEMOJOVENES 24-26 Novembro

Do 24 ao 26 de Novembro celebrarase en Madrid o Encontro de mozos con hemofilia e outras coagulopatías: HEMOJOVENES”.

Nestas xornadas trataranse os principais temas de interese para os/as novos, establecendo un espazo de encontro e reunión no que compartir e coñecernos dunha forma amena e dinámica.

A actividade que realiza @Fedhemo está dirixida exclusivamente a mocidade con hemofilia,  EvW ,portadoras de hemofilia ou outra coagulopatía, con idades comprendidas entre os 18 a 38 anos de todo o territorio nacional.

Estas xornadas teñen un custo de inscrición de 50€ que inclúe: transporte, aloxamento e pensión completa.

As prazas son limitadas, por iso, se tes interese en asistir, aquí poderás consultar a apertura de inscricións e inscribirche directamente. Ligazón Hemojóvenes - Fedhemo

Se es socio ou socia de Agadhemo contactar en :

📞 986281960 (Horario de maña)

📩 Info@hemofiliagalicia.com