ESCOLA VIGO 14 de Marzo

Agadhemo organiza unha nova edición da HEMOESCOLA (taller de autotratamento) o sábado día 14 de Marzo en Mos, Pontevedra.

Tenrá lugar nas instalacións de COGAMI- MOS: Avd. do rebullón, s/n, Puxeiros 36416 Mos, Pontevedra.

No horario de 11:00 - 13:30 da maña.

Para facilitar a organización e xestión dos espazos, agradecese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite 11 de marzo.

Esperamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Inscrición ó correo info@hemofiliagalicia.com ou chamar ó teléfono 671660704 (horario de maña)

Agadhemo fomenta a autonomía persoal

51 persoas con coagulopatías benefícianse dun proxecto da Asociación Galega de Hemofilia coa colaboración de Fundación ONCE

Un total de 51 persoas con coagulopatías en Galicia participaron este ano 2025 no proxecto “Servizo de atención, asesoramento e información a persoas con coagulopatías para o fomento da autonomía privado” executado pola Asociación Galega de Hemofilia co que se beneficiaron directamente a 51 persoas con coagulopatías. A maioría das persoas atendidas teñen hemofilia , e o resto Von Willebrand ou PTI . A estas súmanse 76 persoas beneficiarias indirectas, principalmente familiares.

Cada unha destas 51 persoas contou cun plan de atención individualizado que combinou fisioterapia, apoio psicolóxico, traballo social, educación para a saúde e orientación nutricional, xunto con asesoramento sobre tratamentos e trámites, e acompañamento ás familias nos momentos de diagnóstico, hospitalización ou dificultade escolar.

Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.

📧Para máis información do servizo, non dubidedes en contactar connosco, no teléfono:

 📞 671660704 (Horario de maña)  ou no   📩 Info@hemofiliagalicia.com

CONVIVENCIAS FAMILIARES 14 ó 16 de Xuño

Anotade a data!

Abrimos o plazo para a inscrición das Xornadas de Convivencias Familiares 2024. Como sabedes, é una actividade dirixidas para familias socias con rapazada de 0-12 anos, un fin de semana que ten como obxectivo xerar un espazo onde compartir experiencias e crear lazos.

Este ano realizaranse fin de semana do 14,15 e 16 de xuño, no Hotel Cemar (Mondariz Balneario, Pontevedra). Un complexo hoteleiro natural que ofrece diversidade de actividades para toda a familia: Piscina, hípica, parque multiaventura, pistas multiusos, etc.

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Prazo de inscrición ata o 31 de maio.

Inscricións e máis información:
📞 986281960 (Horario de mañá)
📩 Info@hemofiliagalicia.com

FAMILIAS 31 Ago-01 Set

Xa vos podedes anotar ao  “XVI Albergue de familias con fillos e fillas con coagulopatías en idade temperá” que se celebrará en Málaga do 31 de agosto ao 3 de setembro.

O encontro, está dirixido a familias con fillos e fillas con hemofilia e outras coagulopatías de entre 0 e 7 anos.

O programa formativo para os pais e nais contará con sesións conxuntas, sanitarias e psicosociais.

Durante as sesións, contaremos cun grupo de persoas voluntarias que se farán cargo dos nenos e nenas con actividades entretidas para que se divirtan mentres aprendemos e compartimos experiencias.

Esta actividade e de balde, financiada a través das subvencións de interese social da convocatoria do 0,7 do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e realízase da man de @Fedhemo e @hemofiliamalaga

Sen dúbida, pasar esta fin de semana con amigos e amigas de todo o territorio nacional, é unha excelente opción. Esperamos poder vervos pronto.

Prazo de inscrición asta o 14 de Xullo Para formalizar a inscrición, tedes que enviar a solicitude que atoparedes na Web de Fedhemo: XVI Albergue de familias con hijos/as con coagulopatías en edad temprana - Fedhemo

As persoas socias de Agadhemo podedes contactar directamente coa entidade

 Inscricións e máis información:

📞 986281960 (Horario de mañá)

📩 Info@hemofiliagalicia.com

CONVIVENCIAS FAMILIARES 30/01/02 de Xullo

Anotade a data!

Abrimos o plazo para a inscrición das Xornadas de Convivencias Familiares 2023. Como sabedes, é una actividade dirixidas para familias socias con rapazada de 0-12 anos, un fin de semana que ten como obxectivo xerar un espazo onde compartir experiencias e crear lazos.

Este ano realizaranse fin de semana de 30/ 1 /2 de xullo, no Hotel Cemar (Mondariz Balneario, Pontevedra). Un complexo hoteleiro natural que ofrece diversidade de actividades para toda a familia: Piscina, hípica, parque multiaventura, pistas multiusos, etc.

Agardamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Prazo de inscrición ata o 13 de xuño. Inscricións e máis información:
📞 986281960 (Horario de mañá)
📩 Info@hemofiliagalicia.com