HEMOXORNADAS -  A Coruña 13 de Novembro

Xornadas formativas en coagulopatías.

Desde Agadhemo convocamos una nova xornada do proxecto " HemoXornadas Xornadas Formativas para persoas con hemofilia ou outra coagulopatías conxénitas" co obxectivo de formar e informar sobre tratamentos, coidados e a atención especializada.

Estas sesións formativas realizaranse A Coruña de maneira presencial.

Será na Coruña o 13 de Novembro no Hospital Universitario da Coruña, Aula 1 as 16:30 horas.

Estarán dirixidas polo Servizo de Hematoloxía.

Desde Agadhemo cremos que estes servizos complementarios poden enriquecer o trato directo e bidireccional en todos os sentidos entre os profesionais do sistema público de saúde e as persoas asociadas.

Animámosvos a todas as persoas socias, e aquelas que teñan interese sobre hemofilia e coagulopatías, a participar nestas xornadas. Estas xornadas son gratuítas e requiren inscrición previa dado que hai prazas limitadas.

Para consultar o programa definitivo e máis información podes contactar connosco:

Prazo de inscrición 8 de novembro

📞 671 660 704   (Horario de mañá)

📩 Info@hemofiliagalicia.com

Congreso Mundial de Hemofilia 21-24 Abril

A Federación Mundial de Hemofilia (FMH) e a Federación Española de Hemofilia (Fedhemo) teñen o gusto de dar a benvida á comunidade mundial de trastornos da coagulación ao Congreso Mundial 2024 da FMH, o cal terá lugar en Madrid, España, do 21 ao 24 de abril 2024.

Este evento será a reunión internacional máis completa sobre trastornos da coagulación en 2024, e reunirá nun só lugar a persoas con trastornos da coagulación e outras partes interesadas. O Congreso levará a cabo no Recinto Feiral de IFEMA Madrid, unha sede de primeira clase, nunha cidade cosmopolita facilmente accesible para viaxeiros internacionais.

Para máis información:

Consulta a páxina do congreso : https://wfh.org/es/congreso/

Ou a web de Fedhemo: https://fedhemo.com/event/congreso-mundial-fmh-2024/

Día mundial da Hemofilia

Con motivo do día Mundial da Hemofilia que se celebra o 17 de abril, este ano volvemos alumear Galicia de vermello.

Os lugares iluminaranse ao caer o sol:

  1. Ourense: Puente Romana
  2. Santiago de Compostela: Pazo de Raxoi
  3. Coruña: Fonte 4 Camiños
  4. Tomiño: Edificio do Concello
  5. Pontevedra: Pazo Provincial
  6. Vigo: Fuentes da Rúa Aragón e Edificio administrativo da Xunta de Galicia
  7. Hospital Álvaro Cunqueiro: Escultura “ O Titán”
  8. Ferrol: Pazo Municipal
  9. Lugo: Casa Consistorial

Como podes participar?
O 17 de abril tira unha foto do lugar que iluminado de vermello na túa cidade e compárteo connosco en redes sociais utilizando os hashtags:

#diamundialhemofilia

#whd2024

E non esquezas mencionarnos a @agadhemo nas nosas redes sociais (Facebook, x e Instagram) , para que podamos compartir a foto!

Asemblea autonómica 17 de marzo

Agadhemo celebra a súa Asemblea ordinaria de persoas socias o domingo día 17 de Marzo en Santiago de Compostela.

Terá lugar no Hotel OCA Puerta del Camino. (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela).

No horario de 11:00 - 13:30 da mañá.

O remate da Asemblea Ordinaria celebrarase a Asemblea Extraordinaria de persoas socias.

Tras o acto de clausuras que será a s 13:30 celebraremos un xantar de convivencia no mesmo hotel.

Para facilitar a organización e xestión dos espazos,  agradecese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite es o 4 de marzo.

Esperamos a vosa resposta e animámosvos a participar! Inscrición ó correo  info@hemofiliagalicia.com ou chamar ó teléfono 671660704 (horario de mañá

HEMOESCOLA 24 Febreiro

Agadhemo organiza unha nova edición da HEMOESCOLA (taller de autotratamento) o sábado día 24 de Febreiro en Santiago de Compostela

Terá lugar nas Aulas de formación de COGAMI: R/ Dublín 3.(Fontiñas) Santiago de Compostela

No horario de 11:00 - 13:30 da maña.

Para facilitar a organización e xestión dos espazos,  agradecese que avisen con antelación da cantidade de persoas asistentes. A data límite es o xoves 22 de febreiro

Esperamos a vosa resposta e animámosvos a participar!

Inscrición ó correo  info@hemofiliagalicia.com ou chamar ó teléfono 671660704 (horario de maña)

HEMOJOVENES 24-26 Novembro

Do 24 ao 26 de Novembro celebrarase en Madrid o Encontro de mozos con hemofilia e outras coagulopatías: HEMOJOVENES”.

Nestas xornadas trataranse os principais temas de interese para os/as novos, establecendo un espazo de encontro e reunión no que compartir e coñecernos dunha forma amena e dinámica.

A actividade que realiza @Fedhemo está dirixida exclusivamente a mocidade con hemofilia,  EvW ,portadoras de hemofilia ou outra coagulopatía, con idades comprendidas entre os 18 a 38 anos de todo o territorio nacional.

Estas xornadas teñen un custo de inscrición de 50€ que inclúe: transporte, aloxamento e pensión completa.

As prazas son limitadas, por iso, se tes interese en asistir, aquí poderás consultar a apertura de inscricións e inscribirche directamente. Ligazón Hemojóvenes - Fedhemo

Se es socio ou socia de Agadhemo contactar en :

📞 986281960 (Horario de maña)

📩 Info@hemofiliagalicia.com

HEMOXORNADAS - VIGO 21 Setembro

Xornadas formativas en coagulopatías.

Desde Agadhemo lanzamos un novo proxecto " HemoXornadas Xornadas Formativas para persoas con hemofilia ou outra coagulopatías conxénitas" co obxectivo de formar e informar sobre tratamentos, coidados e a atención especializada.

Estas sesións formativas realizaranse en Vigo, A Coruña e en Sanitago de maneira presencial.

A primera delas será en Vigo o 21 se Setembro no Hospital Álvaro Cunqueiro, Aula 1 as 16:30 horas.

Estarán dirixidas polo Servizo de Hematoloxía e moderadas polo Servizo de Farmacia.

Desde Agadhemo cremos que estes servizos complementarios poden enriquecer o trato directo e bidireccional en todos os sentidos entre os profesionais do sistema público de saúde e as persoas asociadas.

Animámosvos a todas as persoas socias, e aquelas que teñan interese sobre hemofilia e coagulopatías, a participar nestas xornadas. Estas xornadas son de balde e requiren inscrición previa dado que hai prazas limitadas.

Para consultar o programa definitivo e máis información podes contactar connosco:

📞 986281960 (Horario de mañá)

📩 Info@hemofiliagalicia.com

Presenta a túa candidatura para os Premios Duquesa de Soria 2023 de RFVE

Para participar debes enviar o teu traballo antes do 2 de outubro de 2023 ás 10:00 hora española, á Real Fundación Vitoria Eugenia, ao correo de rfve@rfve.org

Tras dous anos de espera, volven os Premios Duquesa de Soria  Desde agora e ata o próximo 2 de outubro poderás enviar o teu traballo e formar parte dos galardóns máis importantes da fundación.

Premio Internacional de Investigación sobre coagulopatías conxénitas “Duquesa de Soria”

Convócase co fin de premiar traballos orixinais e inéditos realizados en España ou no estranxeiro por autores de calquera nacionalidade. Está dotado cunha cantidade de 10.000€ e será valorado por un xurado de recoñecido prestixio e independente do Comité Científico.

Axudas a proxectos de investigación

Ademais do Premio “Duquesa de Soria”, a Real Fundación Vitoria Eugenia presenta unha convocatoria para a concesión de axudas a proxectos de investigación relacionados coas coagulopatías conxénitas (proxectos a realizar), levados a cabo por profesionais sanitarios e de carácter multidisciplinar en tres campos de acción:

Premio ao proxecto de investigación en medicina básica. Dirixido a investigadores que desenvolvan un labor de investigación básica orientada á obtención de coñecemento con posible translacionalidade á práctica clínica no futuro.

Premio ao proxecto de investigación en medicina clínica. Dirixido a investigadores que desenvolvan o seu labor investigador sobre humanos, a calquera nivel metodolóxico, no diagnóstico, tratamento ou avaliación de pacientes con coagulopatías conxénitas.

Premio ao proxecto de investigación en medicina multidisciplinar. Dirixido a investigadores que desenvolvan o seu labor investigador sobre humanos, a calquera nivel metodolóxico, en aspectos psicosociais, musculoesqueléticos ou ortopédicos.

En cada categoría de axudas, o premio consiste nunha contía de 3.000 euros.

A entrega do Premio Internacional de Investigación sobre coagulopatías conxénitas “Duquesa de Soria” e das Axudas a proxectos de Investigación, efectuarase no acto de entrega dos premios, a celebrar o venres 24 de novembro de 2023 na aula 1 de CaixaForum Madrid.

Se queres apuntarte, consulta acá as bases.

HEMOJUVE 3-8 Xullo

Campamento para mozos e mozas de 13 a 17 anos.

Alégranos informarvos que xa podedes inscribirvos a HEMOJUVE 2023 que se celebrará do 3 de xullo ao 8 de xullo en Patos Beach House, Nigrán, en Pontevedra.

Estas xornadas van dirixidas a mozos e mozas con coagulopatías dos 13 aos 17 anos. É unha experiencia única onde poderás coñecer novas amizades e tamén ver ás antigas compañeiras e compañeiros, aprender, gozar da praia e facer actividades acuáticas.

Esta actividade es posible grazas a  organización de @Fedhemo e @Agadhemo coa colaboración de @fundaciononce

 Para formalizar a inscrición é necesario enviar a solicitude que atoparedes na web de Fedhemo no apartado de eventos: www.fedhemo.com/eventos

As persoas socias de Agadhemo podes contactar directamente coa entidade

Inscricións e máis información:
📞 986281960 (Horario de mañá)
📩 Info@hemofiliagalicia.com

Ó remate poderedes  consultar todas as Fotos de #HemoJuve2023 na ligazónhttps://www.flickr.com/photos/126003558@N06/albums/72177720309761896

O Congreso Mundial da FMH chegará a Madrid en 2024

11 MAI-WFH

•           A Federación Mundial de Hemofilia (FMH) e A Federación Española de Hemofilia (Fedhemo) comprácense en dar a benvida á comunidade mundial de trastornos da coagulación ao Congreso Mundial 2024 da FMH en Madrid, España, o próximo ano, do 21 ao 24 de abril

Este evento será o evento internacional máis completo sobre trastornos da coagulación en 2024 e reunirá a persoas con trastornos da coagulación e outras partes interesadas nun só lugar. O Congreso terá lugar no Centro de Convencións IFEMA en Madrid, un lugar de clase mundial nunha cidade de clase mundial que é facilmente accesible para os viaxeiros internacionais. En nome da FMH e da comunidade mundial de trastornos da coagulación, comprácenos darlles a benvida novamente ás reunións presenciais para brindarlles unha oportunidade incomparable de conectarse, aprender e colaborar.

Se vostede é unha persoa cun trastorno hemorrágico, un membro da familia, un profesional da saúde, un investigador, un lexislador, un defensor ou un membro da industria, o Congreso é para vostede! O programa cubrirá os últimos desenvolvementos e innovacións no noso campo, desde problemas de atención médica ata os desafíos futuros para o manexo e tratamento da hemofilia, a enfermidade de Von Willebrand, as deficiencias de factores raros e os trastornos plaquetarios hereditarios. Este aspecto do Congreso, de reunir aos mellores e máis brillantes no noso campo nun só lugar, é fundamental para fomentar novas ideas e enfoques.

A súa participación no Congreso Mundial 2024 da FMH axudará á FMH a continuar ofrecendo os programas e eventos que son tan críticos para a nosa comunidade, especialmente en países con recursos limitados. Por tanto, únase a nós como delegado, orador, voluntario ou patrocinador e sexa parte deste emocionante evento. Marcarás a diferenza con só vir e establecer contactos con outros profesionais.

Aquí podedes ver a presentación do Presidente de Fedhemo, Daniel-Aníbal Garcia Diego https://fedhemo.com/el-congreso-mundial-de-la-fmh-llegara-a-madrid-en-2024/