Graduado en Enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela dende o ano 2014, traballando nos distintos organismos de saúde en España. Dende o 2016 forma parte da xunta directiva de AGADHEMO como vogal e actualmente é o Presidente da entidade.
A Vicepresidencia substituirá á Presidencia en ausencia desta, motivada por enfermidade ou calquera outra causa, e terá as mesmas atribucións que ela.
Así mesmo poderá asumir todas aquelas funcións da Presidenta que esta lle delegue expresamente.
No caso de substitución definitiva, esta sería aos efectos tan só de convocatoria de novas eleccións; establecida para un período de tres meses.
Traballou desde 2013 ata 2023 en Combina Social, S.L., como técnica de proxectos. Actualmente traballa en Hemofilia Galicia como coordinadora.
Forma parte da Xunta Directiva de AGADHEMO desde 2004 en diferentes roles, sendo presidenta desde 2016 ata 2024, actualmente é a vicepresidenta. Forma parte a Xunta Directiva de COGAMI desde o ano 2011. Coordinado a súa Comisión Sociosanitaria desde 2011. É membro da Xunta Directiva de DISCAFIS- COGAMI desde o ano 2005 e Presidenta da mesma desde o ano 2012 ata o 2024, actualmente é a tesoureira. Tamén é socia fundadora e compoñente da Xunta Directiva de ACADAR desde 2009.
En setembro de 2017 incorpórase á comisión permanente de Fedhemo como Vogal onde actualmente ocupa o cargo de vicepresidenta 1a. En 2023 entra a formar parte da RFVE como patrona, sendo desde abril de 2024 a presidenta.
Participa tamén como embaixadora da EvW por Fedhemo no Consorcio Europeo de Hemofilia (EHC), entrando formar parte do Comité de EvW no período 2024-2026. E forma parte do Grupo de traballo de Mulleres e nenas con trastornos hemorráxicos da EAHAD (Asociación Europea de Hemofilia e Trastornos Afíns) en representación do EHC.
A Secretaria será a executora responsable dos acordos da organización interna da Asociación, e das súas actividades representativas, así como dos traballos administrativos e de xestión diaria.
A Secretaria Xeral exercerá as súas actividades dentro dos límites establecidos na Xunta Directiva e en contacto directo ca Presidenta ou con quen en calquera momento o substitúa. Especialmente terá as seguintes funcións:
E profesora de secundaria no ensino público. Incorporouse a Xunta Directiva de Agadhemo no ano 2008, sendo a actual Secretaria Xeral. Ademais colabora son Solidaridad Internacional de Galicia dende a súa fundación, con diferentes funcións e responsabilidades nos últimos anos.
A Vicesecretaria substituirá a Secretaria en ausencia desta, motivada por enfermidade ou calquera outra causa, e terá as mesmas atribucións que ela.
Como portadora de Hemofilia, nai de un neno afectado pola mesma enfermidade, incorporouse á asociación no ano 2004. Dende entón, ten participado activamente na meirande parte das iniciativas promovidas polo colectivo, tanto en Galicia coma no conxunto do Estado, a través de Fedhemo. No ano 2012 entrou na Xunta Directiva de Agadhemo como vogal, e actualmente é a Vicepresidenta, contribuíndo deste xeito ó desenvolvemento das distintas actividades e obradoiros que periodicamente pon en marcha a asociación.
O Tesoureiro da Asociación terá responsabilidade directa da administración e emprego dos fondos pertencentes á Asociación, coidando da correcta contabilidade de todos os ingresos e gastos que se produzan, o inventario de todos os bens propiedade da Asociación e dar cumprimento das ordes de pago que expida a Presidenta.
Licenciado en Psicoloxía no ano1996. Traballa no CRD de COGAMI-MOS como Coordinador, posto que ven desempeñando dende entón. Forma parte da Xunta Directiva de AGADHEMO dende o ano 2004, sendo actualmente o Tesoureiro da mesma. Na actualidade compaxina o seu traballo coa Secretaría da Federación de COGAMI Pontevedra e é membro da Xunta Directiva de COGAMI dende 2003.
As Vocalías terán as obrigacións propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, así como as que nazan das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta encoméndelles.
Diplomada en Educación Infantil exerce a súa profesión dende o ano 2000 , traballando en diferentes centros educativos de toda a comunidade autónoma. Dende o curso 2010/2011 con destino definitivo no Ceip Virxe do Mar de Narón. Leva vinculada a Asociación Galega de Hemofilia dende o ano 2010 exercendo como vocal dende o 2012.
As Vocalías terán as obrigacións propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, así como as que nazan das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta encoméndelles.
Licenciado con grao en Física Electrónica. Incorporouse á Xunta Directiva de Agadhemo no ano 2016 como vicesecretario, ocupando actualmente o cargo de vocal.
As Vocalías terán as obrigacións propias do seu cargo como membros da Xunta Directiva, así como as que nazan das delegacións ou comisións de traballo que a propia Xunta encoméndelles.
É hixienista bucodental. Incorporouse á Xunta Directiva de Agadhemo no ano 2024. Ademáis colabora como voluntaria nas actividades de Agadhemo dende fai anos ,cos cativos nas asembleas e tamén en convivencias de familias. Leva anos tamén colaborando como monitora nos campamentos de Fedhemo: no Hemopeques en "La Charca" , no Hemojovenes en Madrid, e no Hemojuve en Sanxenxo con Agadhemo.
Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo
©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade
Isto foi obra de Sr. Concejo