2 de Febreiro de 2023

A Federación Española de Hemofilia e a Real Fundación Vitoria Eugenia en colaboración con Takeda, lanzan a Guía: “Tomar decisiones juntos”

Nova guía lanzada da man de Fedhemo con RFVE en colaboración de Takeda para axudar aos profesionais sanitarios e pacientes con coagulopatías.

Desde a Federación Española de Hemofilia coa Real Fundación Vitoria Eugenia e en colaboración de Takeda Pharmaceutical Company lanzamos unha guía de axuda ao paciente e especialistas da saúde á hora de tomar decisións dun tratamento para coagulopatías.

O obxecto desta guía é apoiar na toma de decisións sobre o coidado e tratamento dunha persoa con coagulopatía coa colaboración dos profesionais sanitarios que a atendan.

Na súa interior conta con consellos que poden servir tanto para guiarche a preparar as túas citas médicas como para saber que é o máis importante que debes dicir ao profesional de hematoloxía que sexa valioso e axude á túa saúde.

Así ben, entre as súas páxinas quedan plasmados unha serie de consellos para axudar a preparar as citas médicas, valorar que é o máis importante a comentar co profesional de hematoloxía, e, en definitiva, aproveitar o tempo que se ten en consulta, partindo da premisa de que traballar de maneira conxunta e acordar un plan de coidados e tratamento, é indispensable para satisfacer as necesidades do paciente e asegurar un bo estilo de vida.

Os contidos divídense en catro apartados que aluden directamente ao paciente:

· Explicar que é o máis importante para ti na túa vida diaria.

· Comunicar que é o que queres conseguir co teu coidado e tratamento.

· Examinar cales son as opcións de coidado e tratamento apropiadas no teu caso.

· Poñer ao día aos profesionais sanitarios sobre posibles cambios na túa saúde.

Se queres podes descargar a propia guía,pincha acá para poder acceder: Ligazón


671 660 803

Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo

 

©2024 Asociación Galega de Hemofilia | Aviso legal | Política de privacidade

Isto foi obra de Sr. Concejo

crossmenu