
51 persoas con coagulopatías benefícianse dun proxecto da Asociación Galega de Hemofilia coa colaboración de Fundación ONCE
Un total de 51 persoas con coagulopatías en Galicia participaron este ano 2025 no proxecto “Servizo de atención, asesoramento e información a persoas con coagulopatías para o fomento da autonomía privado” executado pola Asociación Galega de Hemofilia co que se beneficiaron directamente a 51 persoas con coagulopatías. A maioría das persoas atendidas teñen hemofilia , e o resto Von Willebrand ou PTI . A estas súmanse 76 persoas beneficiarias indirectas, principalmente familiares.
Cada unha destas 51 persoas contou cun plan de atención individualizado que combinou fisioterapia, apoio psicolóxico, traballo social, educación para a saúde e orientación nutricional, xunto con asesoramento sobre tratamentos e trámites, e acompañamento ás familias nos momentos de diagnóstico, hospitalización ou dificultade escolar.
Este proxecto forma parte do Plan de Prioridades da Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE), financiado pola Fundación ONCE. A Confederación xestiona esta subvención para o financiamento dos proxectos prioritarios das súas entidades, proporcionándolles asesoramento e realizando un seguimento pormenorizado durante todo o proceso.
📧Para máis información do servizo, non dubidedes en contactar connosco, no teléfono:
📞 671660704 (Horario de maña) ou no 📩 Info@hemofiliagalicia.com

Rúa Doutor Carracido, 128 baixo
36205 - Vigo
Isto foi obra de Sr. Concejo